Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Economía. Sectores de actividade
Exercicios


  1. ¿Dentro de que sector de actividade incluirías a silvicultura?, ¿e o comercio polo miúdo?

  2. ¿Cal dos seguintes sectores de actividade dá traballo en Galicia a un maior número de persoas?
    • Agricultura e pesca.
    • Industria.
    • Construción.
    • Servizos.

    Para comprobar a veracidade da túa afirmación, na seguinte ligazón podes consultar a poboación ocupada segundo os sectores de actividade en Galicia.

  3. Á vista dos datos presentados no exercicio anterior, ¿que sector é minoritario para as mulleres?

  4. Para poder facer este exercicio necesitas recordar o que é o valor engadido bruto e o produto interior bruto, polo que se necesitas refrescar os teus coñecementos podes pinchar aquí. ¿Que sector de actividade é o que xera maior VEB?, ¿que porcentaxe sobre o PIB supón este sector? Datos

  5. A Axencia Estatal da Administración Tributaria facilita a información necesaria para coñecer o valor das exportacións/expedicións con orixe en Galicia e o das importacións/introducións con destino Galicia. Na seguinte ligazón podes consultar o valor das importacións/introducións e o valor das exportacións/expedicións segundo a CNAE 2009. ¿En que división da CNAE existe un maior déficit comercial entre Galicia e o resto do mundo? Lembra que o déficit comercial calcúlase como a diferenza entre as exportacións/expedicións menos as importacións/introducións.
    ¿Para que división da CNAE o valor das importacións/introducións é maior ca o das exportacións/expedicións?, ¿sorpréndeche o resultado?

  6. O directorio de empresas que se elabora no IGE proporciona información sobre as empresas que realizan algunha actividade económica en Galicia. Hai que ter en conta que no directorio de empresas non se inclúen as que teñen como actividade principal algunha das seguintes: agricultura, pesca, administración pública, defensa, seguridade social obrigatoria, actividade dos fogares e organismos extraterritoriais. No seguinte enlace está dispoñible para cada municipio o número de empresas segundo a súa actividade principal. Busca o teu concello e estuda que porcentaxe se dedican a industria, a construción e aos servizos.