Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Matemáticas. Estatística Descritiva
Exercicios


1.- O Instituto Galego de Estatística (IGE) fai todos os anos unha enquisa para estudar as condicións de benestar da poboación galega, onde se analizan aspectos como a composición dos fogares, a súa situación económica e laboral, o uso de novas tecnoloxías, etc. Esta enquisa coñécese como Enquisa de condicións de vida das familias (ECV)

No ano 2003 realizáronse máis de 6.000 entrevistas a fogares de toda Galicia. Nestes enlaces, podes obter unha mostra de 400 datos do número de membros de cada fogar para cada unha das provincias galegas.

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra


Para os datos da túa provincia, elabora unha táboa de frecuencias. Calcula a media, a mediana e a moda e debuxa un diagrama apropiado ao estudo.

2.- Na Enquisa de condicións de vida das familias (ECV) do ano 2003 obtivéronse datos de máis de 18.000 persoas. Nestes enlaces, podes obter unha mostra de 400 persoas de cada provincia. Para cada unha delas indícase: a idade, o estado civil, o nivel de estudos, a situación laboral e os ingresos mensuais

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra


Para os datos da túa provincia e para cada unha das variables, realiza as seguintes actividades:
  • ¿De que tipo de variable estatística se trata?
  • Agrupa os datos en clases se o consideras oportuno e elabora unha táboa de frecuencias
  • Elabora un gráfico de barras e outro de sectores cos datos agrupados
  • Calcula a media e o intervalo modal
    • Nalgúns casos, non é posible calcular as medidas de centralidade, ¿por que?
  • Calcula a desviación típica, cando sexa posible

3.- Fai un estudo estatístico da superficie dos concellos da túa provincia
  • Elabora unha táboa de frecuencias
  • ¿Cal é a superficie media dos concellos da túa provincia?, ¿cal é a superficie media dos concellos da túa comarca?
  • ¿En que situación se atopa o teu concello?

4.- Un núcleo de poboación dentro dun concello é o conxunto de, polo menos, dez edificacións, que están formando rúas, prazas e outras vías urbanas. Na seguinte ligazón poderás acceder ao número de habitantes dos núcleos de poboación do teu concello. Núcleos de poboación
  • Elabora unha táboa de frecuencias na que se agrupen os datos en intervalos
  • Representa a táboa anterior mediante un histograma e debuxa sobre esta o polígono de frecuencias
  • Observa se a distribución é simétrica. ¿Onde situarías a media?
  • Calcula a media, mediana e a desviación típica. ¿Son moi diferentes a media e a mediana? ¿Por que? Razoa a resposta
  • Compara os datos obtidos cos que se obterían co concello da capital da túa provincia

5.- No seguinte enlace podes observar as temperaturas máximas dos meses dos últimos catro anos nas distintas estacións metereolóxicas galegas: Temperaturas máximas

Colle os datos para a estación metereolóxica máis próxima a túa vila e responde as seguintes preguntas:

  • ¿De que variable estatística se trata?
  • Elabora unha táboa de frecuencias
  • ¿Que porcentaxe de meses non se chegou aos 28 graos?
  • ¿Cal foi a temperatura media?
  • Elabora unha gráfica apropiada a este estudo

6.- Nos enlaces seguintes preséntase unha táboa co reconto do número de establecementos de comercio polo miúdo nos concellos das diferentes provincias galegas
Selecciona a túa provincia:
  • Elabora unha táboa de frecuencias
  • ¿Cal é o número medio de establecementos dos concellos da túa provincia?
  • ¿Consideras que a media é unha boa medida que representa os teus datos? ¿Están os datos moi concentrados/dispersos sobre a media? Calcula a desviación típica

7.- Nos enlaces que se presentan a continuación podes encontrar os datos da poboación por grupos quinquenais de idade e sexo de Galicia e o teu concello para o último ano.
Concello:
  • Elabora os histogramas dos homes e logo o das mulleres para o teu concello. Consulta como podes facelo no apartado de Representacións gráficas
  • ¿De que idade hai máis homes no teu concello? ¿E máis mulleres?
  • ¿Cres que no teu concello nacen máis homes ou máis mulleres? Xustifica a túa resposta
  • Elabora os histogramas dos homes e logo o das mulleres para Galicia
  • Observa a gráfica que se presenta no seguinte enlace para Galicia: Gráfica
  • A gráfica chámase pirámide de poboación. Nela represéntase a mesma información que nos histogramas anteriores, é dicir, a poboación de Galicia segundo idade e sexo. ¿Qué diferenza encontras entre os histogramas e a pirámide de poboación? ¿Con cal delas cres que é máis fácil comparar os distintos niveis de poboación entre homes e mulleres da mesma idade?
  • Constrúe unha pirámide de poboación do teu concello
  • Compara a pirámide do teu concello coa pirámide de Galicia

Nota: Para facer as pirámides podes utilizar os seguintes formularios e consultar a actividade de pirámides de poboación incluida no apartado de Xeografía/Estrutura da poboación

Provincia da Coruña
Provincia de Lugo
Provincia de Ourense
Provincia de Pontevedra