Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Xeografía. Estrutura da poboación
Exercicios


1.- Observa a táboa de tipos de poboación segundo a estrutura por idades que se presenta a continuación:

Tipo de poboación % Mozos (Menores de 20) % Anciáns (Maiores de 65)
Nova Máis do 35% Menos do 5%
Adulta Entre o 25% e o 35% Entre o 5 e o 12%
Vella Menos do 25% Máis do 12%

Cos datos da poboación por grupos de idade para o teu concello e Galicia que se presenta a continuación contesta:

Concello:
  • Cal é o tipo que lle corresponde a Galicia?
  • Cal é o tipo que lle corresponde ao teu concello?
  • Razoa as respostas.

2.- Revisa a actividade de elaboración e comentario das pirámides e elabora con Excel e cos seguintes datos:

Concello:
  • A pirámide de Galicia.
  • Que porcentaxe representan as mulleres de 20 a 24 anos sobre o total da poboación?
  • Suma as porcentaxes de homes, por un lado, e de mulleres, por outro. Hai un desequilibrio entre os xéneros?
  • A pirámide do teu concello.
  • Comenta as dúas pirámides que elaboraches.

3.- Elabora o mapa da proporción de xente nova para o ano que che interese pinchando na seguinte ligazón (se queres vai ao apartado de Representacións gráficas para ver cómo facer o cartograma).

Elabora o mapa da proporción de xente anciá seguindo os mesmos pasos do apartado anterior: Proporción de xente anciá
  • Comenta brevemente os dous mapas.
  • Sinala as principais razóns que explican os desequilibrios por idades.

4.-Cos datos que atoparás nas seguintes ligazóns:

Poboación ocupada por sectores económicos: [Ata o ano 2008] [Dende o ano 2009]

Calcula:

  • A distribución da poboación ocupada por sectores económicos da túa provincia no primeiro ano dispoñible e no último ano: compara os resultados.
  • Compara os resultados cos que se obteñen para Galicia.
  • Compara para o ano 2013 a distribución por sectores económicos galega e española. Encontrarás os datos de España na seguinte ligazón
  • Compara co resto das comunidades autónomas.