Xeografía. Movementos migratorios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Estadística de Variaciones Residenciales
No ano 2006 rexistráronse en Galicia un total de 88.770 emigracións, das cales 63.489 tiveron como orixe un concello de Galicia e destino outro concello distinto da mesma comunidade autónoma. As 25.281 emigracións restantes tiveron como orixe un concello galego e destino fóra de Galicia (21.372 marcharon a outra comunidade autónoma e 3.909 ao estranxeiro).
Por outra banda, en 2006, o total de inmigracións ascendeu a 106.371, 63.489 procedentes doutro municipio galego e 42.882 de fóra de Galicia.
Bótalle un vistazo aos datos máis actuais que atoparás no seguinte ligazón: migracións
O saldo migratorio calcúlase como a diferenza entre o total de inmigrantes e o total de emigrantes. Se é positivo indica que as entradas de poboación superan ás saídas, e o contrario se é negativo.
Calcúlase como a diferenza entre a inmigración interna e a emigración interna.
Calcúlase como a diferenza entre a inmigración externa e a emigración externa.
Exemplo: Para os datos anteriores de 2006 podemos calcular o saldo migratorio da seguinte maneira:
Como se pode observar, para o total de Galicia, o saldo migratorio interno é cero. Isto é lóxico, pois se se considera como ámbito xeográfico de referencia o total de Galicia, o número de inmigracións internas ten que coincidir co de emigracións internas, pois as dúas teñen como orixe e destino a comunidade autónoma de Galicia.
No tocante ao saldo migratorio externo este é positivo, o que indica que no ano 2006 Galicia recibiu máis persoas (procedentes do resto de España e do estranxeiro), das que se foron.
Bótalle un vistazo aos datos máis actuais que atoparás no seguinte ligazón: migracións
As inmigracións de retorno son os movementos con destino no concello de nacemento.
Exemplo: na seguinte táboa móstranse os datos de inmigracións de retorno segundo o tipo de inmigración, para Galicia no ano 2006:
| Inmigración de retorno | ||
| Total | 18.939 | |
| Inmigracións internas | 12.104 | |
| Da mesma provincia | 10.143 | |
| Doutra provincia de Galicia | 1.961 | |
| Inmigracións externas | 6.834 | |
| Doutra CCAA | 4.715 | |
| Do estranxeiro | 2.119 | |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística. Estadística de Variaciones Residenciales
Bótalle un vistazo aos datos máis actuais que atoparás no seguinte ligazón:inmigración de retorno