 |
O Instituto Galego de Estatística xunto co Instituto Nacional de Estatística iniciaron no ano 1995 a elaboración do anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal. Como resultado desta cooperación publicáronse seis edicións en papel do anuario correspondentes aos anos 1995, 1996, 1998, 2000-2001, 2002 e 2003 e dúas edicións en CD-ROM (1997 e 1999). A publicación das edicións do anuario 2010 e 2011, encadrada dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP), é froito da colaboración entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Instituto Galego de Estatística e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal a través do seu Observatorio das Dinámicas Rexionais.
- Na web están dispoñibles os anuarios dende 1995 ata 2011, en formato Html/Excel ou pdf.
Os exemplares publicados en papel poden solicitalos
ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que non estean agotados.
- As edicións de 2010 e 2011 están dispoñibles no Observatorio Transfronteirizo / Ovservatório Transfronteiriço Galicia-Norte de Portugal en formato html. Para cada táboa móstrase a información do último ano dispoñible, pero premendo o botón "Máis datos" pódese acceder aos datos dos anos anteriores.
|
|
Consulta do Anuario
Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do anuario Galicia-Norte de Portugal.
Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades
estatísticas na nosa páxina web.
Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal
|