Resumo de resultados




Indicadores demográficos

Resumo de resultados 13/04/2018
Datos correspondentes aos anos 2016 e 2017

Introdución

A análise dunha poboación require a elaboración de indicadores demográficos de xeito continuo, para establecer comparacións temporais, que ademais permitan facer comparacións a nivel territorial. Cada ano, o IGE presenta un conxunto de indicadores demográficos para Galicia, por sexo e ata o nivel municipal, que achegan información acerca da estrutura da poboación, da fecundidade, mortalidade e nupcialidade.

Indicadores de poboación

A poboación galega diminuíu no ano 2016 un 0,36%, segundo as cifras de poboación obtidas da operación estatística Cifras poboacionais de referencia, confirmando así o cambio de tendencia iniciado no ano 2011. Por provincias, todas presentaron decrecementos na súa poboación residente.

Taxa de crecemento composto continuo da poboación
Tanto por cento

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Este decrecemento vén acompañado dunha continua diminución no peso relativo da poboación de Galicia con respecto á poboación total de España. Se no ano 2007 a poboación galega representaba o 6,12% da poboación española, no ano 2017 esta porcentaxe diminúe ata o 5,82%.

En canto á distribución da poboación de Galicia por provincias, Lugo e Ourense continúan a perder representatividade mentres que A Coruña e Pontevedra seguen aumentando o seu peso no total galego.

Distribución da poboación segundo o ámbito xeográfico
Peso no total de Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

A dispersión característica da poboación galega pode cuantificarse mediante a densidade de poboación, que mide o número de habitantes por cada quilómetro cadrado de superficie do territorio. A comparación dos mapas de densidade de poboación no tempo reflicte o despoboamento que se está a producir en moitos concellos de Galicia.

Densidade de poboación por concellos
Habitantes por quilómetro cadrado

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Outra característica da poboación galega é que está inmersa nun proceso de envellecemento que afecta a toda Europa. A idade media da poboación no caso galego continúa a incrementarse ano tras ano, e actualmente sitúase en 46,76 anos.

Idade media da poboación o día 1 de xaneiro
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Na estrutura por idades da poboación galega pódese comprobar o proceso de envellecemento: diminúe o peso dos grupos de individuos de menos de 20 anos e de entre 20 e 64 anos, e increméntase o de 65 e máis anos.

Distribución da poboación por grupos de idade. Galicia
Porcentaxe

Ano 2007

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Ano 2017

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Para a análise máis específica do proceso de envellecemento úsase o índice de envellecemento, que calcula o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 persoas menores de 20 anos. Desde o ano 1975 o seu continuo incremento reflicte a velocidade de envellecemento da poboación de Galicia, superior no caso das mulleres. Para o conxunto de Galicia, situouse no ano 2017 en 154,77; isto significa que, por cada 100 menores de 20 anos, contabilizáronse máis de 154 persoas maiores de 64 anos.

Índice de envellecemento. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Outro indicador, o índice de sobreenvellecemento, amosa como está estruturado o grupo de 65 ou máis anos: calcula que porcentaxe representa a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis anos. No ano 2017 no conxunto de Galicia sitúase no 17,48%.

Índice de sobreenvellecemento. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Unha das preocupacións que xorden a raíz do envellecemento dunha poboación é como se incrementa a denominada poboación en idade potencialmente dependente, que engloba á poboación menor de 15 anos e a de máis de 64 anos, con respecto á poboación en idade potencialmente activa, que inclúe á poboación de entre 15 e 64 anos. O IGE calcula tres indicadores para estudar estas proporcións:

  • O índice de dependencia global, que relaciona á poboación menor de 15 anos e a de 65 ou máis anos con respecto á poboación de entre 15 e 64 anos. Dende o ano 1975 obsérvase unha lixeira diminución ata o 2008, data na que o indicador comeza a incrementarse.

Índice de dependencia global. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

  • O índice de dependencia xuvenil, que relaciona á poboación menor de 15 anos con respecto á poboación entre 15 e 64 anos. Na actualidade, en Galicia este indicador caracterízase, ademais de pola súa estabilidade, por non presentar grandes diferenzas entre sexos.

Índice de dependencia xuvenil. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

  • O índice de dependencia senil, que relaciona á poboación de 65 ou máis anos con respecto á poboación entre 15 e 64 anos. Este indicador, a diferenza do que acontecía co anterior, si que se caracteriza polo seu incremento continuado e pola diferenza que existe no seu valor entre ambos sexos.

Índice de dependencia senil. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

O IGE estuda a composición do colectivo de poboación en idade potencialmente activa cos seguintes indicadores:

  • O índice de estrutura da poboación en idade activa, que relaciona a poboación de entre 40 e 64 anos coa poboación de entre 15 e 39 anos. Este indicador mantivo certa estabilidade ata o ano 2000, pero presenta un importante crecemento a partir dese ano.

Índice de estrutura da poboación en idade activa. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

  • O índice de recambio da poboación en idade activa, que compara o colectivo que sae da poboación en idade potencialmente activa (os individuos de 60 a 64 anos) co grupo de poboación que entra na poboación en idade potencialmente activa (as persoas de 15 a 19 anos). Este indicador experimenta un incremento moi considerable a partir do ano 2004 e segundo o último dato dispoñible, correspondente ao ano 2017, sitúase nun valor de 163,78; é dicir, por cada 100 persoas de entre 15 e 19 anos hai case 164 persoas de 60 a 64 anos.

Índice de recambio da poboación en idade activa. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Indicadores de natalidade e fecundidade

Galicia continúa inmersa nun proceso de redución das taxas de natalidade e fecundidade.

Taxa bruta de natalidade
Nacementos por mil habitantes

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Evolución da taxa bruta de natalidade
Nacementos por mil habitantes

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Un indicador amplamente utilizado é o denominado índice sintético de fecundidade ou número medio de fillos por muller, obtido como a suma das taxas específicas de fecundidade das mulleres en idade fértil (de 15 a 49 anos); no ano 2016 cifrouse en 1,13 fillos por muller para Galicia.

A idade media á maternidade, calculada como a media aritmética das idades ás que as mulleres teñen os fillos, ponderada polas taxas específicas de fecundidade de cada grupo de idade, situouse no ano 2016 nos 32,57 anos.

Idade media á maternidade
Anos


Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Idade media á maternidade. Galicia
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Cómpre salientar que a idade media da nai ao nacemento do primeiro fillo, que se viña incrementando ano tras ano desde 2008, diminúe unha centésima no último ano, pasando dun valor de 31,54 anos en 2015 a 31,53 en 2016.

Idade media da nai ao nacemento
do primeiro fillo

Anos


Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Idade media da nai ao nacemento do primeiro fillo. Galicia
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Por nacionalidade, mantéñense as diferenzas existentes entre a fecundidade das nais españolas e a das nais estranxeiras.

Indicadores de fecundidade segundo a nacionalidade da nai. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Indicadores de mortalidade

En canto á taxa bruta de mortalidade, en 2016 tomou o valor de 11,70 defuncións por cada 1.000 habitantes.

Taxa bruta de mortalidade
Defuncións por mil habitantes


Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Taxa bruta de mortalidade
Defuncións por mil habitantes

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

A esperanza de vida ao nacer en Galicia, estimación do promedio de anos que viviría unha persoa nacida no ano de referencia no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, acadou no ano 2016 os 82,78 anos.

Esperanza de ao nacer. Galicia
Anos


Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Esperanza de vida ao nacer. Galicia
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia, neste caso estimación do promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos (no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia), situouse no ano 2016 nos 21,36 anos. É superior no caso das mulleres, onde o indicador acada os 23,35 anos.

Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Anos


Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Indicadores de nupcialidade

A taxa bruta de nupcialidade sitúase nos 3,45 matrimonios por cada mil habitantes no ano 2016.

Taxa bruta de nupcialidade
Matrimonios por mil habitantes


Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Taxa bruta de nupcialidade
Matrimonios por mil habitantes

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

A idade media ao primeiro matrimonio continúa a ser superior en máis de dous anos no caso dos homes con respecto á das mulleres, segundo os datos correspondentes ao ano 2016.

Idade media ao primeiro matrimonio. Ano 2016
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Idade media ao primeiro matrimonio. Galicia

Fonte: IGE. Indicadores demográficos    (descarga da táboa)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo