Datos Básicos. Administración pública

Orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2018
Miles de euros

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

A previsión inicial do orzamento consolidado diminuíu un 2,4%

A previsión inicial do orzamento consolidado da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 é de 10.724 millóns de euros, un 2,4% menos en comparación cos datos do orzamento de 2017.

A previsión de ingresos procedentes dos impostos directos e indirectos experimentou un incremento conxunto de 72,8 millóns de euros (un 1,3%). As transferencias correntes que supoñen o 26,3% do orzamento consolidado de ingresos, aumentaron preto de 298,2 millóns de euros (un 11,8%).

Orixe dos ingresos e destino dos gastos do orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes

Ingresos

Gastos

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

No tocante á procedencia dos ingresos, aproximadamente o 55% da previsión inicial do orzamento ten orixe tributaria, o 13,3% son ingresos por activos e pasivos financeiros e o 31,4% son recursos transferidos.

No que respecta aos gastos, o 72,9% do orzamento consolidado vai destinado a gastos relacionados coa xestión directa, o 17,6% a transferencias ao sector privado (familias, empresas e entidades sen ánimo de lucro) e o 9,5% restante a transferencias ao sector público.

Ingresos tributarios da Comunidade Autónoma de Galicia. Criterio de caixa
Miles de euros e porcentaxes

Fonte: Información subministrada directamente pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Durante o ano 2017 a Xunta de Galicia, xunto cos seus organismos autónomos, recadaron 2.357,3 millóns de euros en impostos directos, 3.300,8 millóns en impostos indirectos e 179,1 en taxas e outros ingresos.

Respecto ao ano anterior a recadación pola tarifa autonómica sobre o IRPF aumentou un 5,8% e a recadación polo imposto sobre o valor engadido (VE) aumentou un 2,6%.

Recadación tributaria do Estado en Galicia. Criterio de caixa
Miles de euros e porcentaxes

Fonte: AEAT. Informes mensuales de recaudación tributaria
Nota: no total do Capítulo III están incluídos prezos e outros ingresos que non son tributarios

En 2017 medrou a recadación tributaria do Estado en Galicia

En 2017 o Estado recaudou na Comunidade Autónoma de Galicia algo máis de 4.086 millóns de euros en impostos directos, procedentes na súa maior parte do IRPF (65,8%) e do Imposto sobre sociedades (30,1%). Por impostos indirectos ingresou 2.499,9 millóns de euros (o 90,9% procedente do IVE) e por taxas e outros ingresos 81,8 millóns.

Respecto ao ano 2016 produciuse un incremento do 3,3% da recadación de impostos directos por parte do Estado en Galicia, e unha diminución do 2,9% para os impostos indirectos.

Distribución funcional do orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2018
Miles de euros e porcentaxes

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia


Segundo a distribución funcional do orzamento consolidado de gastos de 2018, o 36% irá destinado a sanidade e o 21,3% a educación.

A débeda pública suporá un 11,4% do orzamento mentres que á protección e promoción social destinarase o 9,1%.



Débeda pública das comunidades autónomas sobre o PIB
Porcentaxes

Fonte: Banco de España
Nota: datos provisionais


Ingresos tributarios das entidades locais (municipios + deputacións). Dereitos recoñecidos netos. Galicia.
Miles de euros

Fonte: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas


No ano 2016 os concellos galegos recadaron arredor de 831,7 millóns de euros en impostos directos, un 2,9% máis que en 2015. A recadación de impostos indirectos aumentou un 9,3% ata acadar os 43,5 millóns de euros e, finalmente, por taxas e outros ingresos a recadación diminuíu un 0,8% ata situarse nos 412,6 millóns de euros.

No tocante ás deputacións, en 2015 aumentou a recadación por impostos directos (un 12,8%) e por impostos indirectos (4,8% máis); pola contra, os ingresos por taxas, prezos e outros conceptos diminuíron un 2,2%.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: