Datos Básicos. Benestar

Número de fogares segundo a súa tipoloxía. Ano 2016

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

Tamaño medio do fogar. Ano 2016
Persoas

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

A finais de 2016 o 21,17% dos fogares galegos eran unipersoais

O día 31 de decembro de 2016 existían 1.060.086 fogares en Galicia, cun tamaño medio de 2,53 persoas por fogar.

A tipoloxía máis habitual entre os fogares galegos é a formada por unha parella con fillos (o 32,34% dos fogares). Os fogares constituídos por unha parella sen fillos supoñen o 24,06% e o 21,17% dos fogares galegos son unipersoais.



Porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2016

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro

O 22,35% dos fogares galegos está composto por persoas de 65 ou máis anos

No 22,35% dos fogares galegos todos os seus membros teñen 65 ou máis anos. Esta porcentaxe sobe nas áreas de Ourense e sur de Lugo e diminúe na franxa atlántica.



Fogares segundo o intervalo de ingresos mensuais. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: os datos refírense a 31 de decembro

En 2016 os fogares galegos ingresaron de media 2.007 euros ao mes

No ano 2016 o ingreso medio mensual dos fogares galegos sitúase en 2.007 euros, un 4% máis que no ano anterior (1.930 euros en 2015).



Gasto medio por fogar e distribución porcentual por grupos de gasto. Galicia e España. Ano 2017
Euros e porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de presupuestos familiares

O gasto medio anual por fogar en 2017 foi de 26.963 euros

Durante o ano 2017, cada fogar galego dedicou de media 26.963 euros para os gastos de consumo. Esta cifra é 2.225 euros inferior á media española.

Por grupos de gasto, os fogares galegos destinaron o 28,46% do seu orzamento a gastos relacionados coa vivenda, o 15,35% a alimentos e bebidas non alcohólicas e o 13,45% ao transporte.

No grupo de gasto de "vivenda", ademais dos alugamentos reais, inclúense os alugamentos imputados: cando un fogar é propietario da vivenda na que reside, ou a ten cedida, estímase o valor do alugamento que se pagaría no mercado por unha vivenda similar á que ocupa.



Número de pensións contributivas da Seguridade Social e importe medio. Galicia. Ano 2017
Número de pensións e euros

Fonte: Seguridad Social: eSTADISS: Estadísticas de pensiones
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro de 2017
A suma dos datos por xénero pode non coincidir co total debido a que nalgúns casos non se coñece o xénero

En 2017 a pensión media contributiva en Galicia era de 784,62 euros ao mes

O día 31 de decembro había rexistradas en Galicia 760.831 pensións contributivas do sistema da Seguridade Social, cun importe medio de 784,62 euros ao mes (un 2% máis que o ano anterior)

O 62,25% das pensións contributivas da Seguridade Social en Galicia son de xubilación e o seu importe medio ascendeu aos 893,24 euros ao mes, un 2,1% máis que en 2016. As pensións de viuvez supoñen o 24,59% das pensións contributivas (o 41,31% entre as mulleres). O importe medio mensual destas pensións subiu un 1,44% respecto ao ano anterior e acadou os 551,22 euros en 2017.



Número de beneficiarios de pensións non contributivas. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: información subministrada directamente pola Consellería de Política Social
Nota: A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro de cada ano

O número de beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social diminuíu un 1,55% en 2017

A finais de 2017 había en Galicia 40.238 beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social, un 1,55% menos que no ano anterior.



Adultos: delitos segundo o tipo. Ano 2016

Fonte: INE. Estadística de condenados
Nota: Datos provisionais.
O criterio xeográfico utilizado é o lugar de condena

Os delitos máis habituais son contra a seguridade colectiva

En 2016 inscribíronse en Galicia 18.469 delitos cometidos. Segundo a tipoloxía, os que tiveron unha maior incidencia foron os delitos contra a seguridade colectiva (33,59%), os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (27,72%) e os delitos por lesións (15,8%).

Mozos que viven cos pais segundo a idade. Galicia. Ano 2016
Número e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: porcentaxe dos mozos que viven cos pais sobre o total da poboación de mozos de cada grupo de idade. A data de referencia dos datos é o día 31 de decembro


O 63,79% dos mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos vive cos pais.



Mozos que viven cos pais segundo a tipoloxía de ingresos e a idade. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o día 31 de decembro. Outros ingresos inclúe: "ingresos de prestacións", "ingresos de traballo e prestacións" e "outros ingresos".


Dos mozos que viven cos pais e que teñen entre 25 e 34 anos, o 62,28% ten ingresos procedentes só do traballo. Entre os que teñen de 18 a 24 anos, o 56,54% non ten ingresos.



Estrutura de ingresos dos fogares. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares


O 60,96% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo: o 50,47% do traballo por conta allea e o 10,49% do traballo por conta propia. O 36,02% provén das prestación e o 3,02% das rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo, mentres que Lugo e Ourense son as que teñen maiores porcentaxes de ingresos procedentes das prestacións.



Fogares segundo o grao de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a data de referencia dos datos é o 31 de decembro


En 2016 a porcentaxe de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 3,20 puntos, ata o 50,5%. A porcentaxe dos que chegan con dificultade diminúe 2,09 puntos, e a porcentaxe de fogares que chegan con moita dificultade diminúe 1,12 puntos ata situarse no 10,68%



Fogares que tiveron algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses. Galicia
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa conxuntural a fogares
Nota: considéranse recibos de obrigado cumprimento o da hipoteca ou aluguer da vivenda principal, préstamos, gas, auga...


Segundo a enquisa conxuntural a fogares elaborada polo IGE, no segundo trimestre de 2018, o 4,16% dos fogares galegos tivo algún retraso no pago de recibos de obrigado cumprimento nos últimos tres meses.



Evolución do número de beneficiarios de prestacións por desemprego. Galicia

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de estadísticas


No ano 2017 contabilizáronse en Galicia unha media de 92.650 beneficiarios de prestacións por desemprego, un 8,58% menos que en 2016.



Fogares segundo o número de persoas perceptoras de ingresos procedentes de prestacións. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: os datos refírense a 31 de decembro.Os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos


A finais de 2016, no 61,66% dos fogares galegos había polo menos unha persoa que percibía ingresos procedentes de prestacións.



Condenados en Galicia segundo o sexo e a nacionalidade. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: INE. Estadística de condenados


O 91,7% dos condenados en Galicia no ano 2015 tiñan nacionalidade española.



Menores condenados en Galicia segundo o sexo e a idade. Galicia. Ano 2016

Fonte: INE. Estadística de menores
Nota: idade á comisión da primeira infracción penal

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: