Datos Básicos. Sistema de contas

Contas económicas de Galicia

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais
Nota: Os datos dos anos 2016 e 2017 son avance
Prezos correntes en miles de euros

A economía galega creceu un 3,06%, en termos reais, no ano 2017

En Galicia, o produto interior bruto (PIB) a prezos de mercado en 2017 estímase en 61.141 millóns de euros, un 4,09% superior ao ano 2016.

O crecemento real da economía galega (taxa de variación interanual do PIB en volume) con respecto ao 2016 sitúase no 3,06%.

Crecemento do PIB en termos reais
Porcentaxe

Fonte: IGE, INE, Eurostat
Contabilidade trimestral

Crecemento das compoñentes do PIB desde a perspectiva da demanda.
Galicia. Ano 2017

IGE. Contas económicas trimestrais
Nota: Os datos do ano 2017 son avance
(*) Achega ao crecemento do PIB no caso de taxas de variación

PIB desde a perspectiva da oferta e da demanda

Desde a perspectiva da oferta, é de resaltar a subida das ramas da construción e dos servizos ( creceron un 3,5% e un 3,3% en relación ao 2016 respectivamente) .

Atendendo á estimación do PIB dende a perspectiva da demanda, a rúbrica que experimentou maior subida con respecto ao 2016 foi a da exportación de bens e servizos (4,8% en termos reais).

Situación do emprego no 2017

A evolución do emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, rexistrou en 2017 un aumento con respecto ao ano anterior de 17.677 postos de traballo, o que en termos relativos supón un incremento do 1,81%. Por ramas de actividade, o sector máis beneficiado foi a agricultura, gandería, silvicultura e pesca, onde se incorporaron 2.432 postos (3,48%).

O 71% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo corresponden ao sector servizos. O peso desta rama mantívose estable no 2017 con respecto ao ano anterior.

Postos de traballo equivalentes a tempo completo. Galicia

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral
Nota: Os datos dos anos 2016 e 2017 son avance

Estrutura do PIBpm por ramas. Galicia
Porcentaxes

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral
Nota: Os datos son avance






Crecemento do VEB en termos reais por ramas. Galicia
Porcentaxes

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral
Nota: Os datos son avance






Evolución do PIB per cápita en paridades de poder adquisitivo(PPS) considerando a UE28=100
España e Galicia


Fonte: EUROSTAT, INE.
Nota: Datos provisionais


En termos de paridade de poder adquisitivo (PPS), o PIB por habitante en Galicia, en 2016, foi un 18,2 % inferior á media dos 28 estados da UE.



Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: