Datos Básicos. Mercados e prezos

Índice de prezos de consumo (IPC). Medias anuais. Galicia. Ano 2017
Porcentaxes


Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2016

Soben os prezos dos bens e servizos de consumo

No ano 2017 en Galicia a taxa de variación media anual dos prezos dos bens e servizos de consumo situouse no 2,1%.

Se se atende aos doce grandes grupos de bens e servizos de consumo, as maiores subas déronse na vivenda (4,8%), no transporte (4,3%), nas bebidas alcohólicas e tabaco (1,9%), nos hoteis, cafés e restaurantes (1,9%), no ensino (1,4%), na alimentación e bebidas non alcohólicas (1,4%) e nas comunicacións (1,3%).

No tocante ás rúbricas, as que máis subiron en 2017 foi calefacción, iluminación e distribución de auga; os aceites e graxas; as legumes e hortalizas frescas e transporte persoal. O que máis baixou de prezo en 2017 foron os obxectos recreativos; o leite; os artigos non duradeiros para o fogar e os artigos de uso persoal.


Prezos dos produtos (rúbricas) da cesta da compra que máis subiron e baixaron. Galicia. Ano 2017
Índices e porcentaxes


O que máis subiu

O que máis baixou


Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2016


Principais países que intercambian mercadorías con Galicia. Ano 2017
Miles de euros e porcentaxes

Exportacións/expedicións

Importacións/introducións


Fonte: elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Nota: datos provisionais

O 31,5% das exportacións galegas ten como destino Francia ou Portugal

No ano 2017 Galicia exportou mercadorías por un valor de 21.679,4 millóns de euros (un 8,5% máis que en 2016). O 31,5% das expedicións galegas ten como destino Francia ou Portugal. As principais mercadorías que se exportan dende a nosa Comunidade Autónoma son materias téxtiles e as súas manufacturas (27%) e material de transporte (24,7%).

O valor das importacións/introducións acadou os 17.184,2 millóns de euros (un 10,5% máis que en 2016). Os países dos que Galicia importa maior número de mercadorías son, ao igual que no caso das vendas, Francia e Portugal. Estes dous países suman o 38,7% das compras ao exterior. As mercadorías máis importadas foron o material de transporte (29,1% do valor total das importacións/introducións) e produtos minerais (16,2%).


Comercio exterior e intracomunitario de Galicia segundo as principais seccións TARIC. Ano 2017
Miles de euros e porcentaxes

Exportacións/expedicións

Importacións/introducións


Fonte: elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Nota: datos provisionais

Evolución anual do IPC
Taxas de variación interanuais (%)


Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2016

Evolución anual do Índice de prezos da vivenda
Taxas de variación interanuais (%)


Fonte: INE. Índice de precios de la vivienda. Base 2010

O Índice de prezos da vivenda trata de medir a evolución dos prezos de compravenda das vivendas de prezo libre, tanto novas como de segunda man.

No terceiro trimestre de 2017, o Índice de prezos da vivenda aumentou en Galicia un 1,7% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. Para o conxunto de España este incremento foi do 6,7%.


Evolución do comercio exterior de Galicia
Miles de euros, taxas de variación interanuais (%)

Exportacións/expedicións

Importacións/introducións


Fonte: Elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Nota: os datos do ano 2017 son provisionais

Nas gráficas de arriba observamos o crecemento do comercio exterior en Galicia nos últimos anos. Na gráfica inferior obsérvase a evolución do índices de valor unitario para o comercio exterior. Estes índices aproximan aos verdadeiros índices de prezos das operacións de exportación e/ou expedición e importación e/ou introdución de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluído o comercio co resto de España.


Evolución dos índices de valor unitario para comercio exterior
Taxas de variación interanuais (%)


Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior
Nota: os datos a partir de 2017 son provisionais

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Compartir: