Datos Básicos. Mundo laboral

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia
Miles de persoas e porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

En 2017 a taxa de paro en Galicia foi do 15,7%

Galicia, no ano 2017, contaba con 1.248.300 activos, dos cales 1.052.700 estaban ocupados e 195.600 parados.

Con respecto ao ano anterior produciuse un aumento do 1,2% no número de ocupados e unha caída do 9,2% no número de parados.

En 2017 a taxa de actividade situouse no 53,3%, valor 0,2 puntos máis baixo que en 2016. A taxa de ocupación aumentou 0,7 puntos ata o 45% e a taxa da paro diminuíu 1,5 puntos ata acadar o 15,7%.


Evolución das taxas de actividade e paro segundo sexo. Galicia
Porcentaxes

Taxa de actividade
Taxa de paro
Fonte: IGE-INE. Padrón. Enquisa de poboación activa

Poboación ocupada segundo a situación profesional e o sexo. Galicia. Ano 2017
Miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

O 78,6% dos ocupados galegos son asalariados.

Dos 1.052.700 ocupados residentes en Galicia no ano 2017, o 20,6% eran traballadores por conta propia, o 78,6% asalariados e o 0,8% restante atopábase noutra situación profesional (axuda familiar, membro de cooperativa ou outra situación).

Neste ano, o 70,3% dos ocupados galegos traballan no sector servizos, o 16,3% na industria, o 6,3% na construción e o 7,1% restante na agricultura e pesca.

Con respecto ao ano 2016, o número de ocupados no sector da agricultura e a pesca aumentou un 5,3%. Na construción o número de ocupados diminuíu un 7,2%, na industria aumentou un 5,7% e no sector servizos os ocupados subiron un 0,6%.


Poboación ocupada segundo o sector de actividade e o sexo. Galicia. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Padrón. Enquisa de poboación activa

Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o réxime. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social

En 2017 o número de afiliacións á Seguridade Social aumentou un 2,1%

En 2017, a Seguridade Social contabilizou unha media de 973.812 afiliacións en alta laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, o que supón un aumento de 20.037 afiliacións con respecto ao ano anterior. En termos relativos, esta subida é do 2,1%.

Por réximes, o xeral contaba en 2017 con 21.724 afiliacións máis que en 2016; unha subida do 3,18% dos traballadores. Pola súa banda, o réxime especial de autónomos perdeu 1.966 afiliacións.

O paro rexistrado diminuíu en 18.130 persoas no ano 2017

En 2017 a media anual do paro rexistrado situouse en 194.428 persoas, un 8,53% menos que no ano anterior. O 46,31% dos parados levaba máis dun ano nesta situación, o 39,54% menos de 6 meses e o 14,15% restante, entre 6 meses e un ano.

Paro rexistrado segundo a duración da demanda. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

Custo laboral anual por traballador e sector de actividade. Galicia. Ano 2016
Euros

Fonte: INE. Encuesta anual de coste laboral.

O custo laboral bruto por traballador foi de 26.907 euros en 2016

O custo laboral por traballador en termos brutos foi de 26.907 euros no ano 2016. Se a esta cantidade se lle restan as subvencións e as deducións que se recibiron das administracións públicas obtense un custo neto de 26.718,40 euros por traballador.

Das partidas que compoñen o custo laboral bruto, o 74% destinouse a pagar soldos e salarios, o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e o 2% restante á satisfacción doutros custos (cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas, indemnizacións por despedimento, gastos en formación profesional...)

O salario bruto anual situouse nos 20.195,9 euros en 2014

O salario bruto anual foi de 20.195,9 euros en 2014. Se comparamos por sexo, o salario bruto anual dos homes é 4.708,10 euros maior que o das mulleres.

Composición do salario bruto anual por sexo. Galicia. Ano 2014
Euros

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Taxa de actividade. Galicia e provincias. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Segundo a enquisa de poboación activa (EPA), no ano 2017, o número de vivendas galegas que tiñan todos os seus membros activos no paro era de 67.500, un 9,1% do total de vivendas con, polo menos, un activo.


Poboación inactiva segundo a situación de inactividade. Galicia. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

Asalariados segundo sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

En 2017, o 73% dos asalariados galegos tiñan un contrato indefinido.


Ocupados segundo sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

No ano 2017, o 86,5% dos ocupados galegos traballaron a xornada completa. Por sexos, o 5,9% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe de mulleres con este tipo de xornada era do 21,9%.

Neste ano, o 18,2% dos homes asalariados galegos traballaban no sector público. Entre as mulleres esta porcentaxe sobe ata o 25,8%.



Variación interanual do número de afiliados á Seguridade Social en alta laboral
Porcentaxes

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social.


Traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego autorizados segundo o efecto do expediente. Galicia

Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Estatística de expedientes de regulación de emprego

Evolución do salario mínimo interprofesional. Galicia
Euros/mes

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

Composición do salario bruto anual. Galicia. Ano 2014
Porcentaxes

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Segundo a enquisa de estrutura salarial, no ano 2014, o salario ordinario representa o 88,1% do salario bruto anual.


Salario bruto anual segundo grupo de idade. Galicia. Ano 2014
Euros

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE


Definicións e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: