Datos Básicos. Estrutura da poboación e movementos migratorios

Poboación o día 1 de xaneiro de 2017 segundo o sexo
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes

Durante o ano 2017 o número de empadroados en Galicia diminuíu en 10.186 persoas

O día 1 de xaneiro de 2017 residían en Galicia 2.708.339 persoas, segundo a cifra oficial de poboación facilitada polo Padrón municipal de habitantes. No último ano o número de residentes en Galicia reduciuse en 10.186 persoas, o que supón unha diminución interanual en termos relativos do 0,4%.


Comparación das pirámides de poboación de Galicia e España. Ano 2017
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

En Galicia residen 155 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 20 anos

O índice de envellecemento, calculado coma o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20 anos, amosa a grao de envellecemento que sofre a poboación dunha rexión. No ano 2017 en Galicia este índice acadou o valor de 154,8, é dicir, por cada 100 mozos menores de 20 anos residían en Galicia case 155 maiores de 64 anos. Pola súa banda, na pirámide de poboación de Galicia apréciase que a galega é unha poboación envellecida, cunha base estreita, o que indica que nacen poucos nenos e nenas. Por contra, a parte central e superior da pirámide son anchas, sintomático dunha estrutura poboacional con predominancia da xente de avanzada idade.


Poboación de nacionalidade estranxeira. Ano 2017
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2017

O 3,2% da poboación residente en Galicia ten nacionalidade estranxeira

O día 1 de xaneiro de 2017 tiñan fixada a súa residencia habitual en Galicia 87.189 persoas de nacionalidade estranxeira, o que supón o 3,2% do total da poboación galega.

O 39,4% dos estranxeiros residentes en Galicia pertencen á UE-28. Dentro destes, os grupos máis numerosos son o dos portugueses (14.882) e dos romaneses (8.470). Entre os estranxeiros extracomunitarios, os cidadáns de América do Sur suman 25.230 persoas. Destacan os grupos de brasileiros (7.210), venezolanos (4.401) e colombianos (4.390).


Comparación das pirámides de poboación segundo a nacionalidade
Galicia. Ano 2017
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2017

A poboación de nacionalidade española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira

En 2017 a poboación de nacionalidade estranxeira diminuíu un 0,9% con respecto ao ano 2016. Por países sobresae a evolución negativa da emigración procedente da Unión Europea (cunha caída de residentes procedentes desta zona do 3,5% entre 2016 e 2017) e dalgúns países de Sudamérica, como é o caso de Bolivia (-12,4%). Non obstante, a evolución conxunta da emigración procedente desta área é positiva (increméntase un 2,2% entre eses dous anos), axudada en gran medida polo incremento dos estranxeiros e das estranxeiras procedentes de Venezuela.

A comparación das pirámides de poboación por nacionalidades amosa que a poboación española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira. Así, o 25,2% da poboación residente nunha das catro provincias galegas, de nacionalidade española, ten 65 ou máis anos. Esta porcentaxe, no caso da poboación de nacionalidade estranxeira é moito máis baixa, do 6%.


Movementos migratorios externos. Ano 2016
Persoas


INE. Estadística de variaciones residenciales. Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE
Nota: na emigración ao estranxeiro inclúense as baixas por caducidade

En 2016 diminuíron as emigracións a outra Comunidade Autónoma e aumentaron lixeiramente as dirixidas cara o estranxeiro

Durante o ano 2016 marcharon de Galicia 29.532 persoas e chegaron 32.557 procedentes do resto de España ou do estranxeiro, o que sitúa o saldo migratorio externo en 3.025 persoas. Neste ano chegaron a Galicia 2.624 inmigrantes máis que en 2015. As entradas procedentes do estranxeiro aumentaron arredor dun 30%; as procedentes doutra comunidade autónoma diminuíron, pola contra, un 5,71%. Un total de 18.745 galegos e galegas marcharon de Galicia con destino a outra comunidade autónoma (un 6,24% menos que en 2015) e 10.787 fixérono ao estranxeiro (un 0,68% máis que en 2015).


Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Distribución segundo o sexo e os grupos de idade. Ano 2018
Persoas


INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2018

Arxentina e Brasil son os países estranxeiros onde viven máis galegos

O día 1 de xaneiro de 2018 residían no estranxeiro un total de 516.489 persoas de nacionalidade española e inscritas nalgunha provincia galega no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE). O 34,1% destas persoas residía en Arxentina, que é o país do estranxeiro onde viven máis galegos e galegas. A continuación atópase Brasil, con 48.441 galegos e galegas.

Segundo a idade, o 10,3% dos inscritos no PERE teñen menos de 16 anos, o 60,2% entre 16 e 64 anos e o 29,5% restante 65 ou máis anos.

Poboación residente en Galicia segundo o lugar de nacemento. Ano 2017
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2017

Poboación residente nos sete grandes concellos galegos. Ano 2017
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2017

Vigo, con 292.986 habitantes, é o concello máis poboado de Galicia. A continuación atópanse A Coruña con 244.099 veciños e Ourense con 105.636 persoas. Entre os sete grandes concellos suman 987.412 habitantes, o 36,5% do total da poboación residente en Galicia.


Índice de envellecemento. Ano 2017
Tanto por cento


Fonte: IGE. Indicadores demográficos

Evolución da porcentaxe de poboación de nacionalidade estranxeira
Tanto por cento


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación estranxeira en Galicia segundo as principais nacionalidades
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Variación interanual da poboación de nacionalidade estranxeira en Galicia
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Ano 2018
Persoas


Fonte: INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2018

O Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) obtense dos datos existentes nos rexistros de matrícula de cada oficina ou sección consular. Están obrigados a inscribirse:

  • Os españois que residan habitualmente no estranxeiro e os que trasladen alí a súa residencia habitual.
  • Os seus fillos menores de idade suxeitos á patria potestade, se están na súa compaña.


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Compartir: