Datos Básicos. Saúde

Custo da prestación farmacéutica en Galicia
Miles de euros

Fonte: Sistema Público de Saúde de Galicia. Memorias anuais e Información subministrada directamente

No ano 2016 a prestación farmacéutica aumentou un 1,5%

No ano 2016 o custo total da prestación farmacéutica foi 742 millóns de euros, un 1,5% máis que no ano 2015. Por provincias, os valores máis altos alcánzanse nas provincias da Coruña e Pontevedra, que representan o 39,6% e o 32,4% do custo total, respectivamente.

Esperanza de vida ao nacemento. Galicia
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade

A esperanza de vida ao nacemento dos galegos no ano 2016 situouse en 82,8

No ano 2016, a esperanza de vida ao nacemento dos galegos situouse en 82,8 anos, lixeiramente superior á rexistrada no ano anterior (82,7).

En Galicia, a esperanza de vida ao nacemento das mulleres alcanza no ano 2016 o valor de 86 e supera en 6,5 anos á dos homes, que se situou en 79,5 anos.

Defuncións segundo as principais causas de morte. Galicia. Ano 2016


Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte

En 2016, máis da metade das defuncións son por enfermidades do sistema circulatorio e por tumores

No ano 2016, o 58,8% das defuncións rexistradas en Galicia foron por enfermidades do sistema circulatorio e por tumores.

Entre as mulleres, a principal causa de morte foron as enfermidades do sistema circulatorio, que representaron no 2016 o 34,8% das defuncións femininas.

Nos homes, son os tumores a principal causa de morte e supuxeron no ano 2016 o 33,6% das defuncións masculinas. Dentro deste grupo, os tumores da tráquea, dos bronquios e do pulmón son os máis frecuentes. O 8,1% das defuncións de homes ocorridas en 2016 debéronse a esta causa.

Enfermos dados de alta segundo a diagnose. Galicia. Ano 2016


Fonte: INE. Encuesta de morbilidad hospitalaria
Nota: datos relativos a enfermos con residencia en Galicia.

En 2016 producíronse 294.726 altas hospitalarias de residentes en Galicia

No ano 2016, máis da metade das altas hospitalarias (51,2%) corresponden a mulleres, aínda que si se exclúen as producidas polo embarazo, parto e puerperio, a porcentaxe de altas suporía o 46,8%.

As enfermidades respiratorias foron o motivo máis frecuente de ingreso (14 de cada 100 altas), seguidas das enfermidades do aparato circulatorio (13 de cada 100) e dixestivo (12 de cada 100).

Profesionais sanitarios colexiados. Galicia. Ano 2017


Fonte: INE. Estadística de profesionales sanitarios colegiados

Recursos materiais do Servizo Galego de Saúde. Ano 2016


Fonte: Consellería de Sanidade. Información subministrada directamente

Interrupcións voluntarias do embarazo segundo o grupo de idade da muller. Ano 2016

Fonte: Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Xunta de Galicia. Extraído de http://dxsp.sergas.es

Principais causas de morte segundo o sexo. Galicia. Ano 2016


Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte


Principais enfermidades de declaración obrigatoria. Galicia. Ano 2016


Fonte: Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de innovación e xestión da Saúde Pública. Enfermidades de declaración obligatoria. Extraído de http://dxsp.sergas.es


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: