Principais datos económicos da rama agraria e pesqueira. Galicia. Ano 2021
Fonte: IGE. Contabilidade trimestral. Revisión Estatística 2019. IGE-INE. Enquisa de poboación activa Nota: os datos do VEB e do PIB son avance
En 2021 a rama agraria e pesqueira supuxo o 4,5% do PIB galego
En 2021 o valor engadido bruto (VEB) da rama agraria e pesqueira situouse nos 2.822 millóns de euros (a prezos correntes), o que supuxo o 4,5% do PIB de Galicia nese ano. Con respecto ao acontecido en 2020 o VEB da agricultura e da pesca aumentou un 0,4% (medido en prezos correntes), e o seu peso no tecido produtivo galego diminuíu tres décimas. En termos de índices de volume, o VEB do sector primario diminuíu un 0,5% respecto ao ano 2020. A ocupación na agricultura sitúase nas 47.100 persoas en 2021 e na pesca nos 20.300 traballadores e traballadoras.
Número de explotacións con superficie agraria utilizada por comarcas. Ano 2009 Número
Fonte: INE. Censo agrario
As comarcas da Terra Chá e Deza son as que teñen un maior número de explotacións con SAU
No ano 2009 existían en Galicia 79.909 explotacións agrarias con terras, das cales 428 non contaban con superficie agraria utilizada (SAU). A SAU destas explotacións era de 647.598 hectáreas. As comarcas con maior número de explotacións con SAU son as da Terra Chá (5.500 explotacións) e Deza (4.173). Pola contra, Muros e O Morrazo, xunto con Quiroga e Terra de Caldelas, non superan o limiar das 500 explotacións por comarca.
Venda nas lonxas. Datos xerais de pesca fresca. Galicia. Ano 2021 Toneladas, miles de euros
Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca
En 2021 aumentou o importe das vendas de pesca fresca en Galicia un 2,9%
No ano 2021 vendéronse nas lonxas galegas 132.783 toneladas de produtos procedentes da pesca fresca, que xeraron un valor de 425 millóns de euros. Con respecto ao ano anterior, diminuíu o volume das vendas en toneladas (un 11,6%) e pola contra aumentou o importe (un 2,9%).
Con respecto á evolución das vendas segundo a especie, entre 2020 e 2021 aumentaron as vendas (tanto en cantidade como en importe) de case a totalidade dos produtos pesqueiros, agás no caso dos peixes e da categoría resto das descargas (cunha diminución do 0,2% en cantidade pero cun aumento do 29,5% no importe). A comercialización de peixes, a principal especie comercializada nas lonxas galegas, diminuíu en torno a un 16,3% en volume e un 4,2% en importe.
As principais especies vendidas en Galicia en 2021 foron, segundo a cantidade comercializada, a pescada, o lirio e o xurelo (no caso das dúas primeiras superáronse as 20.000 toneladas vendidas). Segundo o importe vendido, ocupan as primeiras posicións, a pescada, o peixe sapo, a ameixa xaponesa, os rapantes e o xurelo.
As lonxas da Coruña (Lonja Coruña, S.A.) e Vigo son os principais puntos de venda de peixe fresco de Galicia se atendemos á cantidade comercializada (representan o 21,2% e o 19,0% do total). Pola contra, se nos fixamos no importe das vendas, a lonxa de Vigo sitúase á cabeza, co 20,7% do total. Outras prazas importantes de comercialización de especies mariñas de Galicia, tanto por cantidade como por importe, son as lonxas de Ribeira, Burela e Celeiro. Estas cinco aglutinan o 81,5 da cantidade e o 70,7% do importe total vendido.
Principais especies vendidas nas lonxas galegas. Ano 2021 Toneladas, miles de euros
Por cantidade
|
|
|
|
Por importe
|
Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca
|
|
Efectivos e explotacións de gando bovino. Ano 2020 Número
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do SITRAN (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal), proporcionados pola Consellería do Medio Rural
Efectivos de gando porcino, ovino e caprino. Ano 2020 Número
Fonte: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
Distribución xeral das terras. Galicia. Ano 2020 Hectáreas
Fonte: Consellería do Medio Rural. Anuario de Estatística Agraria e Superficies Agrícolas Nota: baixo a denominación "outras superficies" inclúense as seguintes categorías: augas interiores, baldío, improdutivo, urbano e comunicacións
Distribución porcentual das vendas por lonxa. Galicia. Ano 2021 Porcentaxe
Segundo a cantidade vendida
Segundo o importe das vendas
Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca
Permisos de marisqueo a pé por sexo e idade. Galicia. Ano 2021 Número
Fonte: información subministrada directamente pola Consellería do Mar
|