Datos Básicos. Sociedade da información

Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia segundo a súa sede social
Ano 2016

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3,
26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1

2.579 empresas e 15.994 traballadores no sector TIC

En 2016 había 2.579 empresas con actividade en Galicia dedicadas ao sector das TIC, o que supón o 1% do total das empresas con actividade nesta Comunidade Autónoma. Destas, 146 tiñan a súa sede fóra de Galicia. No que respecta ao número de traballadores, no ano 2016 contáronse 15.994 afiliacións á Seguridade Social no sector das TIC, ao redor dun 2,4% máis que no ano anterior.


Emprego do sector TIC de Galicia. Anos 2010-2017. Galicia
Número de afiliacións á Seguridade Social

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3, 26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1,95.1. Para os anos 2009 e 2010 emprégase a media de afiliacións a 30 de xuño e a 31 de decembro. Para o ano 2011 emprégase a media de afiliacións a día 6 para os meses de abril, xullo e outubro e a día 31 para decembro. Desde o ano 2012 emprégase a media de afiliacións a último día dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro.

Equipamento dos fogares en produtos de tecnoloxías da información e comuncación (TIC)
Ano 2017

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: A incidencia calcúlase, para cada provincia, como a porcentaxe de fogares
con ordenador e conexión a internet sobre o total de fogares nesa provincia

O 75,9% dos fogares galegos dispoñen de conexión a Internet

En 2017, o 75,9% dos fogares galegos ten contratada conexión a internet (804.700 fogares). Esta porcentaxe varía en función da área xeográfica. Así, na área de Santiago é do 83,6%, mentres que na área de Ourense sur esta porcentaxe se sitúa no 56,5%.


Porcentaxe de fogares que dispoñen de conexión a internet. Galicia. Ano 2017

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: Porcentaxe sobre o total de fogares

O 98,5% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados dispoñen de conexión a Internet

No primeiro trimestre de 2017, o 98,5% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia conta con conexión a Internet. Destas, o 91,8% accede á rede mediante unha conexión de banda larga fixa, o 80,5% utiliza banda larga móbil e o 73,2% dispón de sitio/páxina web.

Uso de TIC nas empresas segundo o seu tamaño. Primerio trimestre de 2017
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y Comercio Electrónico (CE) en las empresas
Nota:(1) As porcentaxes están calculadas sobre o total de empresas con conexión a Internet.

Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia por estrato de asalariados. Ano 2016

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3,
26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1

En 2016, o 83,2% das empresas con actividade en Galicia do sector TIC tiñan entre 0 e 2 asalariados e só 22 empresas tiñan máis de 100 asalariados.







Porcentaxe de persoas que utilizaron internet nos últimos 3 meses. Galicia
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. A porcentaxe foi calculada sobre o total da poboación de 5 ou máis anos cumpridos de Galicia

En 2017, o 69,5% da poboación galega de 5 ou máis anos manifestou conectarse a internet ao menos unha vez ao longo dos tres meses anteriores, e o 27,3% da poboación galega de 16 ou máis anos realizara algunha compra por internet.


Persoas de 16 ou máis anos que compraron por internet nos últimos 3 meses.
Galicia. Ano 2017

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares






Porcentaxe de empresas con páxina web para realizar pedidos ou reservas online e seguimento online de pedidos. Galicia
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas
Nota: Porcentaxes sobre o total de empresas de 10 ou máis asalariados con conexión a Internet e páxina web.




O 96,3% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia, interactuaron a través de internet coas Administracións Públicas durante o primeiro trimestre do 2017. Os principais obxectivos foron obter información e conseguir e devolver impresos.


Empresas de 10 ou máis asalariados que durante o primeiro trimestre de 2017 interactuaron coas administracións públicas mediante a Internet segundo o motivo da interacción. Galicia
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas
Nota:(1) As porcentaxes están calculadas sobre o total de empresas con conexión a Internet.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: