Datos Básicos. Construción e vivenda

Licenzas municipais de obra. Variación neta do parque de vivendas. Galicia

Fonte: IGE, Ministerio de Fomento.
Nota: Variación neta do parque de vivendas= vivendas que se van a crear de nova planta + vivendas que se van a crear en rehabilitación - vivendas que se van a demoler

No ano 2016 concedéronse en Galicia licenzas para a construción de 1.218 vivendas de nova planta

Segundo os datos da Estatística de construción de edificios no ano 2016 concedéronse licenzas para a construción de 1.218 vivendas de nova planta, un 6,01% máis que no ano 2015. Por outra banda tamén se concederon 405 licenzas para a rehabilitación de vivendas (un 22,36% máis que en 2015) e 273 para a súa demolición.

No ano 2016 o prezo medio do metro cadrado da vivenda libre situouse en 1.192,4 euros, un 1,2% máis que no ano 2015.

Por outra banda, o número de vivendas transmitidas, recollida da "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" do INE, amosa un incremento do 4,8% para Galicia no ano 2016. A compravenda de vivendas incrementouse un 7,1%.

Evolución do prezo da vivenda libre e protexida. Galicia
Euros/m2

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de: http://www.fomento.gob.es
Nota: a gráfica elaborouse con datos trimestrais.

Vivendas transmitidas segundo o título de adquisición. Galicia

Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad

No 2016, a compravenda de vivendas libre en Galicia incrementouse nun 6,6%

No ano 2016, segundo a "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" elaborada polo INE, en Galicia transmitíronse 12.632 vivendas libres en concepto de compravenda, un 6,57% máis que no ano 2015. As transmisións en concepto de compravenda das vivendas protexidas incrementáronse un 16,81% respecto ao ano 2015.


Compravenda de vivendas segundo o réxime

Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad

No 2016 iniciáronse en Galicia un 28% máis de vivendas que no ano anterior

Segundo o Ministerio de Fomento, en Galicia, no ano 2016, iniciáronse un total de 2.147 vivendas, case todas libres. O número de vivendas libres iniciadas no ano 2016 é un 28,2% máis que no ano 2015. Por outra parte, nos anos 2015 e 2016 case non se iniciaron vivendas protexidas en Galicia.


Número de vivendas iniciadas

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de http://www.mfom.es
Nota: As vivendas protexidas inclúen as vivendas protexidas suxeitas a distintos réximes de protección e vivendas de promoción pública. O número de vivendas libres iniciadas é estimado a partir dos proxectos visados polos colexios de arquitectos. Datos provisionais.

Número de edificios que se van construír de nova planta, en rehabilitación e en demolición
Galicia

Fonte: IGE, Ministerio de Fomento. Estatística de construción de edificios








Prezo medio do metro cadrado da vivenda libre nos concellos maiores de 25.000 habitantes.
Euros/m2

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de http://www.mfom.es
Nota: Os datos anuais calcúlanse como media dos catro trimestres.
(..) Dato non dispoñible








Compravenda de vivendas segundo réxime. Galicia. Ano 2016
Porcentaxes

Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad








Evolución do número de vivendas iniciadas.
Galicia. Miles

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de: http://www.fomento.gob.es
Nota: Os datos son provisionais








Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: