Esperanza de vida sen limitación

Información para Galicia e provincias

Introdución

O obxectivo da actividade estatística Esperanza de vida sen limitación é coñecer a esperanza de vida sen limitación e sen limitación grave da poboación galega, é dicir, estimar o número medio de anos que pode esperar vivir unha persoa sen limitación e sen limitación grave das actividades que realiza na vida cotiá. Os indicadores sintéticos que se calculan nesta actividade, máis alá de reflectir o impacto da mortalidade nunha poboación, recollen tamén as condicións de saúde presentes nela.

Nota: os valores da esperanza de vida que figuran nesta actividade poden diferir lixeiramente dos calculados na operación estatística Táboas de mortalidade debido a que nesta última emprégase a táboa de mortalidade completa e na Esperanza de vida sen limitación a táboa de mortalidade abreviada.

Esperanza de vida libre segundo limitación

Esperanza de vida segundo tipo de limitación. Galicia. 2014

No ano 2014, a esperanza de vida da poboación galega situouse en 83 anos; non obstante, a esperanza de vida sen limitación só alcanza os 61,2 anos.

Ademais, tanto a esperanza de vida convencional como a esperanza de vida sen limitación grave situanse en valores lixeiramente máis altos para as mulleres que para os homes; no caso da esperanza de vida sen limitación os valores en homes e en mulleres son moi similares.

Tanto a esperanza de vida sen limitación como a esperanza de vida sen limitación grave teñen un comportamento similar ao da esperanza de vida convencional na súa análise por provincias, sen amosar diferencias significativas entre elas.


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación

Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación. Galicia. 2014

O 73,8% dos anos que espera vivir a poboación galega son sen limitación e só o 4,2% con limitación grave.

Cómpre resaltar de novo, a diferenza nos valores rexistrados para os homes e para as mulleres. Así, para os primeiros, a porcentaxe de anos de vida sen limitación e notablemente superior á das mulleres, 77% fronte ao 70,7%.

Polo tanto, as mulleres galegas, esperan vivir máis anos que os homes, pero a porcentaxe de anos vividos con algún tipo de limitación é moi superior á dos homes, case o 30% dos anos vividos.

Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación. 2014

Porcentaxe de anos libres de limitación, con limitación non grave e con limitación grave ao nacer e aos 65 anos, segundo o sexo. Galicia

Nacemento

65 anos

Definicións e máis información

Acceso ás táboas de datos:

Compartir: