Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
|
O 24,74% das empresas creadas en xaneiro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (co 14,98% das constitucións rexistradas en xaneiro), a hostalaría (co 11,5%), a construción (co 10,45%) e a industria e enerxía (co 9,41%).
A presenza do sexo masculino segue a ser maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 267 socios (o 75,64% do total) fronte a 86 socias (24,36%) en xaneiro de 2021.
Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en xaneiro, o 75,61% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 20,21% por dous socios.
Distribución dos socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Xaneiro de 2021 Persoas, porcentaxe
Fonte: IGE (descarga da táboa)
|