Resumo de resultados


 Enquisa de poboación activa (EPA)


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

No primeiro trimestre de 2021 producíronse unha serie de cambios metodolóxicos, que poden consultarse na seguinte ligazón.


Poboación activa


No cuarto trimestre de 2023 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.357.200 persoas, das cales 1.253.700 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,2%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 7.900 persoas e a taxa de actividade diminúe 0,4 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2023.


Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 2.357,2 4,3 0,2 11,6 0,5
Activos 1.253,7 -7,9 -0,6 17,8 1,4
Poboación ocupada 1.138,9 -5,5 -0,5 34,4 3,1
Poboación parada 114,7 -2,5 -2,1 -16,7 -12,7
Inactivos 1.103,5 12,1 1,1 -6,2 -0,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Con respecto ao mesmo trimestre de 2022, o número de persoas activas aumenta en 17.800 persoas e a taxa de actividade aumenta en 0,5 puntos porcentuais.


Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 53,2 -0,4 0,5
Homes 57,2 -0,8 1,0
Mulleres 49,6 0,0 0,1
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, a taxa de actividade masculina diminúe 0,8 puntos respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 57,2%. A taxa de actividade feminina non rexistra ningunha variación, permanecendo no 49,6%.


Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.253,7 -7,9 -0,6 17,8 1,4
Homes 643,5 -8,1 -1,2 13,1 2,1
Mulleres 610,1 0,1 0,0 4,6 0,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación ocupada


A ocupación diminúe en 5.500 persoas no cuarto trimestre de 2023 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.138.900 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48,3%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 34.400 persoas, o que supón un incremento do 3,1% en termos relativos.


Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 48,3 -0,3 1,2
Homes 52,4 -0,7 1,7
Mulleres 44,5 -0,1 0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, neste trimestre diminuíu a ocupación masculina e aumentou a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 6.100 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2023; pola contra, a ocupación das mulleres rexistrou un leve incremento de 600 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha diminución da taxa de ocupación masculina de 0,7 puntos e dunha leve diminución da taxa feminina en 0,1 puntos con respecto ao trimestre pasado.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2022, o número de homes ocupados aumenta en 22.000 persoas (un 3,9%), mentres que o de mulleres ocupadas aumentou nun 2,3%.


Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.138,9 -5,5 -0,5 34,4 3,1
Homes 590,5 -6,1 -1,0 22,0 3,9
Mulleres 548,4 0,6 0,1 12,4 2,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminuíu en todos os sectores, agás na industria. Na agricultura e pesca, a diminución da poboación ocupada cifrouse en 1.200 traballadores e traballadoras menos que hai 3 meses. Na construción a ocupación baixou en 1.800 persoas respecto ao trimestre anterior. O sector servizos foi o que rexistrou o maior descenso, con 8.700 persoas menos. Na industria, pola contra, a ocupación aumentou en 6.300 persoas.


Con respecto ao mesmo trimestre de 2022, a ocupación aumentou en todos os sectores: no sector primario, un 0,7%; na industria, un 7,3%; na construción, 9,4%; e no sector servizos, un 1,9%.


Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.138,9 -5,5 -0,5 34,4 3,1
Agricultura e pesca 71,5 -1,2 -1,7 0,5 0,7
Industria 174,7 6,3 3,7 11,9 7,3
Construción 76,7 -1,8 -2,3 6,6 9,4
Servizos 816,1 -8,7 -1,1 15,4 1,9
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación asalariada


En Galicia había 927.800 persoas asalariadas no cuarto trimestre de 2023, 777.400 con contrato indefinido e os 150.400 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 300 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe, pola contra, en 16.000 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 9,6% con respecto ao terceiro trimestre de 2023). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumentou un 3,8%, e as persoas con contrato temporal aumentaron tamén, neste caso un 0,7%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 16,2%.


Poboación asalariada segundo o tipo de contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 927,8 -15,7 -1,7 29,6 3,3
De duración indefinida 777,4 0,3 0,0 28,4 3,8
Temporal 150,4 -16,0 -9,6 1,1 0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación parada


No cuarto trimestre de 2023 en Galicia había 114.700 persoas en paro, 2.500 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,1 puntos e sitúase no 9,2%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2022, o número de parados e paradas diminúe en 16.700 persoas (un 12,7%) e a taxa de paro, a súa vez, decrece 1,4 puntos en termos interanuais.


Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 9,2 -0,1 -1,4
Homes 8,2 -0,2 -1,6
Mulleres 10,1 -0,1 -1,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 53.000 persoas (1.900 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 61.700 persoas (500 mulleres menos). Ambas as dúas taxas de paro, tanto a masculina como a feminina, diminuíron, situándose a primeira no 8,2% e a segunda no 10,1%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino baixa en 8.800 persoas (un 14,2% menos) e o volume de paradas diminúe en 7.900 persoas (un 11,4% menos que hai un ano).


Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 114,7 -2,5 -2,1 -16,7 -12,7
Homes 53,0 -1,9 -3,5 -8,8 -14,2
Mulleres 61,7 -0,5 -0,8 -7,9 -11,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Fogares


No cuarto trimestre de 2023, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 2.800 unidades e sitúase en 46.500 fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2022, esta tipoloxía de fogares diminúe un 11,1%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 5.200 unidades. O número de fogares nesta situación é de 667.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 26.600 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 4,2% en termos relativos.


Fogares segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de fogares, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.136,1 5,1 0,5 12,6 1,1
Fogares con polo menos un activo 772,7 1,0 0,1 9,6 1,3
Todos os activos son ocupados 667,5 5,2 0,8 26,6 4,2
Todos os activos son parados 46,5 -2,8 -5,7 -5,8 -11,1
Con ocupados e parados 58,7 -1,4 -2,3 -11,1 -15,9
Fogares nos que non hai ningún activo 363,4 4,2 1,2 3,0 0,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación xuvenil


Dos 328.200 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 129.800 (o 39,5%) están ocupados/as, 25.000 (o 7,6%) parados/as e os 173.500 (o 52,9%) restantes son inactivos.


Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 328,2 0,9 0,3 4,4 1,4
Activos 154,7 -12,2 -7,3 9,5 6,5
Poboación ocupada 129,8 -6,4 -4,7 13,4 11,5
Poboación parada 25,0 -5,6 -18,3 -3,8 -13,2
Parados que buscan primeiro emprego 6,6 -3,7 -35,9 -1,0 -13,2
Parados que xa traballaron 18,3 -2,0 -9,9 -2,9 -13,7
Inactivos 173,5 13,1 8,2 -5,1 -2,9
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 39,5% no cuarto trimestre de 2023. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 2,1 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2022 aumenta 3,6 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 16,1% neste trimestre; diminúe 2,3 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2022, diminúe 3,7 puntos.


Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 47,1 -3,9 2,3
Taxa de ocupación 39,5 -2,1 3,6
Taxa de paro 16,1 -2,3 -3,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


No cuarto trimestre de 2023, o 71,3% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao terceiro trimestre de 2023, a cifra de ocupados a xornada completa baixa un 8,9%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial, pola contra, aumenta neste trimestre; en concreto, sobe en 2.600 persoas. Con respecto ao cuarto trimestre de 2022, aumenta tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 3.600 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en 9.700 persoas).


Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 129,8 -6,4 -4,7 13,4 11,5
Completa 92,6 -9,1 -8,9 3,6 4,0
Parcial 37,1 2,6 7,5 9,7 35,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Dos 119.400 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 64,9% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido aumenta un 4,4% respecto ao trimestre anterior; rexistra un incremento tamén, neste caso do 22%, respecto ao mesmo trimestre de 2022. O número de mozos e mozas asalariadas con contrato temporal diminúe un 20,5% respecto ao trimestre pasado, e rexistra unha diminución do 0,7% respecto ao cuarto trimestre de 2022.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 35,1%.


Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 119,4 -7,5 -5,9 13,7 13,0
De duración indefinida 77,5 3,3 4,4 14,0 22,0
Temporal 41,9 -10,8 -20,5 -0,3 -0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Grandes concellos


Se comparamos os datos dos sete grandes concellos galegos (aqueles que superan os 50.000 habitantes), observamos que Lugo e Santiago de Compostela son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (55,5% e 52,3% respectivamente) no cuarto trimestre de 2023. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (38%). No referido ás taxas de paro, este trimestre A Coruña é o concello de entre os sete grandes con menor valor (6,2%) e Ferrol o que presenta a taxa de paro máis elevada (14,5%).


Poboación segundo a relación coa actividade económica. Grandes concellos galegos. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Miles de persoas
Total Activos Poboación ocupada Poboación parada Poboación inactiva
A Coruña 218,6 120,5 113,0 7,5 98,0
Lugo 90,2 53,7 50,0 3,6 36,5
Ourense 93,4 52,2 48,3 3,9 41,2
Pontevedra 72,1 36,9 33,2 3,7 35,2
Santiago de Compostela 82,9 46,7 43,4 3,4 36,2
Vigo 263,9 151,1 133,7 17,4 112,8
Ferrol 57,0 25,3 21,6 3,7 31,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con cautela porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.


Taxas de actividade, ocupación e paro. Grandes concellos galegos. Cuarto trimestre de 2023
Unidade: Tanto por cento
Taxa actividade Taxa ocupación Taxa paro
A Coruña 55,1 51,7 6,2
Lugo 59,5 55,5 6,8
Ourense 55,9 51,8 7,5
Pontevedra 51,2 46,1 9,9
Santiago de Compostela 56,4 52,3 7,2
Vigo 57,3 50,7 11,5
Ferrol 44,4 38,0 14,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con cautela porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo