Taxa de mortalidade

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Taxa de mortalidade bruta e estandarizada segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias

No ano 2015 en Galicia a ZPP aparece moi diferenciada das outras zonas pola súa alta taxa bruta de mortalidade (15,6 defuncións por 1.000 habitantes). Por outra parte, a menor taxa bruta de mortalidade rexístrase na ZIP, que conta cunha poboación máis nova que as outras dúas zonas.

As provincias de Lugo e Ourense presentan taxas brutas de mortalidade máis altas que as de A Coruña e Pontevedra. Ademais, cómpre resaltar os elevados valores que toma o indicador na ZPP das provincias de Lugo e Ourense (18,4 e 18,3 defuncións por 1.000 habitantes, respectivamente).

Por outra parte, as taxas estandarizadas de mortalidade, que eliminan o efecto da estrutura por idades, reflicten unha notable diminución das diferenzas na mortalidade entre zonas.


Taxa bruta de mortalidade. Ano 2015

Taxa estandarizada de mortalidade. Ano 2015

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Taxa de mortalidade bruta e estandarizada segundo o subgrao de urbanización

No período 2002-2015 increméntase a taxa bruta de mortalidade en todas as subzonas. A subzona na que máis aumentou a taxa bruta de mortalidade neste período foi na ZPP baixa.

No ano 2002 a taxa bruta de mortalidade presenta unha relación inversa co subgrao de urbanización, salvo na ZIP alta, que presenta valores inferiores aos da subzona de urbanización inmediatamente superior; no ano 2015 prodúcese a mesma ruptura na ZIP alta; nesta subzona a taxa bruta de mortalidade é menor que na ZDP.

As taxas estandarizadas de mortalidade experimentan un crecemento no período 2002-2015 en todas as subzonas de urbanización, moi similar ao comportamento da taxa bruta no mesmo período. Por outra parte, as taxas estandarizadas de mortalidade das subzonas reducen notablemente as diferenzas existentes entre as taxas brutas, tanto no ano 2002 como no ano 2015.

Polo que respecta á mortalidade segundo o sexo, os homes presentan en todas as subzonas de urbanización taxas brutas de mortalidade superiores ás das mulleres, agás na ZPP alta, onde a taxa bruta de mortalidade das mulleres é lixeiramente superior á dos homes.


Taxa bruta de mortalidade. Galicia. Anos 2002 e 2015

Taxa estandarizada de mortalidade. Galicia. Anos 2002 e 2015

Taxa bruta de mortalidade segundo sexo e subgrao de urbanización

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, IGE-INE. Movemento Natural da Poboación

Compartir: