Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Poboación segundo sexo, grupos quinquenais de idade e grao de urbanización. Galicia.

No ano 2017, as pirámides de poboación de Galicia, para os graos ZDP e ZPP, teñen diferente estrutura posto que a pirámide correspondente ao grao ZDP se estreita a partir do grupo de idade de 40-44 mentres que a pirámide correspondente ao grao ZPP rexistra máis poboación na parte alta da mesma, sobre todo nos últimos grupos de idade.

En ambas as dúas zonas hai menos porcentaxe de poboación na parte baixa da pirámide pero na zona pouco poboada este descenso de poboación é mais acusado que na ZDP.

Pirámides de poboación superpostas para os graos ZDP e ZPP. Galicia. Ano 2017


Poboación segundo sexo, grupos quinquenais de idade e grao de urbanización. Galicia. Anos 1998 e 2017

Se comparamos as pirámides de cada zona, dos anos 1998 e 2017, apreciamos un desprazamento vertical da pirámide en todas as zonas e un aumento das porcentaxes de poboación nos grupos de idade maiores de 35 anos. Os maiores aumentos producíronse na ZIP, nos grupos de idade entre 35 e 60 anos, e na ZPP e na ZDP nos grupos de idade máis elevados (maiores de 80 anos).

As porcentaxes de poboación dos grupos de idade entre 10 e 30 anos descenderon en todas as zonas, e o maior descenso rexístrase na ZIP e na ZDP, no grupo de idade de 20-24 anos. Pola contra, a porcentaxe de poboación do grupo de idade de 0-4 anos medrou en todas as zonas, e este aumento foi maior na zonas ZDP.


Grao de urbanización ZDP


Grao de urbanización ZIP


Grao de urbanización ZPP

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes

Compartir: