Poboación segundo grandes grupos de idade

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Poboación segundo grandes grupos de idade e grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2019

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Poboación segundo grandes grupos de idade e subgrao de urbanización. Galicia

En Galicia, a zona pouco poboada é a que presenta unha maior pocentaxe de poboación de 60 e máis anos, seguida da ZDP e da ZIP. Este comportamento repítese, ademais, en todas as provincias galegas, agás en Lugo, onde a porcentaxe de poboación de 60 e máis anos é maior na ZIP que na ZDP. Por outra parte, a zona intermedia é a que presenta en Galicia unha maior porcentaxe de xente nova (menor de 20 anos).

A ZPP baixa é a subzona que presenta no ano 2019 unha maior porcentaxe de poboación de 60 e máis anos: o 44% da poboación desta zona atópase neste grupo de idade. Pola contra, a ZIP alta é a subzona con maior presenza de xente nova e no ano 2019: o 17,9% da súa poboación é menor de 20 anos.

Na ZDP, as porcentaxes de poboación menor de 20 anos e de 20 a 59 anos son inferiores ás da ZIP alta e a de 60 e máis anos superior; a ZDP atópase máis envellecida que a ZIP alta e presenta unha distribución da poboación por grupos de idade moi semellante á da ZIP baixa.


Poboación segundo grandes grupos de idade e subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2019

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: