Porcentaxe de poboación estranxeira

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Porcentaxe de poboación estranxeira segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2019


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Porcentaxe de poboación estranxeira segundo o subgrao de urbanización. Galicia

A porcentaxe de poboación estranxeira en Galicia aumenta a medida que aumenta o grao de urbanización, e acada polo tanto na ZDP o seu valor máis alto (4,8% no ano 2019).

Este comportamento repítese ao considerar o indicador a nivel provincial no caso da Coruña e Pontevedra. Lugo e Ourense destacan por unha porcentaxe de poboación estranxeira moi elevada, tanto na ZDP como na ZIP, pero máis elevada nesta última. De feito, estes valores son superiores ás porcentaxes de poboación estranxeira observadas na ZDP das outras provincias.

No período 1999-2019 a porcentaxe de poboación estranxeira incrementouse en todas as subzonas de urbanización. No ano 2019 a ZDP é a subzona na que a incidencia de poboación estranxeira é maior, ao redor do 4,8%. Pola contra, no 2019 en todas as subzonas da ZPP esta porcentaxe situase entre o 2,4% e o 2,6%.


Porcentaxe de poboación estranxeira segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Anos 1999 e 2019

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: