Idade media da poboación

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Idade media da poboación segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2016

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Idade media da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia

A zona máis rural de Galicia (ZPP) é a que presenta unha poboación máis envellecida, cunha media de idade no ano 2016 de 53,5 anos. Nas provincias de Lugo e Ourense, que teñen unha poboación máis envellecida que A Coruña e Pontevedra, a idade media da ZPP supera os 50 anos.
No outro extremo sitúase a zona intermedia, na que se atopa a poboación máis nova e na que, polo tanto, a idade media acada os valores máis baixos, tanto en Galicia como en case todas as provincias. Lugo é a única provincia onde a ZDP ten unha idade media inferior á da ZIP. No ano 2016, a idade media da poboación galega na ZIP é 6 anos inferior á da ZPP.

No período 2002-2016 a idade media da poboación galega incrementouse en todas as subzonas establecidas polo subgrao de urbanización. A ZIP alta, cunha idade media de 44 anos no ano 2016 configúrase como a subzona máis nova de Galicia; pola contra a ZPP baixa, subzona máis rural de Galicia, cunha idade media de 53,5 anos no mesmo período, constitúe a subzona con maior nivel de envellecemento.


Idade media da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Anos 2002 e 2016

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de IGE. Cifras poboacionais de referencia

Compartir: