Índice de envellecemento

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Índice de envellecemento segundo sexo e grao de urbanización. Información para Galicia e provincias

En Galicia, no ano 2017, o índice de envellecemento sitouse en 154,8, o que significa que por cada 100 persoas menores de 20 anos hai 155 de 65 e máis anos. A zona máis envellecida é a ZPP, na que por cada 100 menores de 20 anos hai preto de 275 de 65 e máis anos e, pola contra, a ZIP, cun índice de envellecemento máis próximo a 100, é a zona máis nova de Galicia.

O índice de envellecemento presenta diferenzas significativas por sexo nas catro provincias galegas en todas as zonas de urbanización e toma sempre para as mulleres valores superiores aos dos homes.


Índice de envellecemento segundo sexo e grao de urbanización. A Coruña. Ano 2017

Índice de envellecemento segundo sexo e grao de urbanización. Lugo. Ano 2017

Índice de envellecemento segundo sexo e grao de urbanización. Ourense. Ano 2017

Índice de envellecemento segundo sexo e grao de urbanización. Pontevedra. Ano 2017

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Índice de envellecemento segundo o subgrao de urbanización. Galicia

No período 2005-2017 o índice de envellecemento incrementouse en todas as subzonas de urbanización. Non obstante, a subzona na que máis aumentou foi na ZPP baixa, que constitúe ademais a subzona máis envellecida de Galicia, cunha poboación de 65 e máis anos que é case catro veces a poboación menor de 20 anos no ano 2017.

Por outra parte, cómpre resaltar que a ZIP alta é a única subzona na que o índice de envellecemento se achega ao valor de 100 e, polo tanto, a única na que a poboación de 65 e máis anos é case a mesma que a poboación menor de 20 anos. En ningunha das subzonas de urbanización o índice de envellecemento é menor que 100 no ano 2017.


Índice de envellecemento segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de IGE. Cifras poboacionais de referencia

Compartir: