Índice sintético de fecundidade

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Índice sintético de fecundidade segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2016

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Índice sintético de fecundidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número medio de fillos por muller é lixeiramente máis alto na ZDP e na ZIP que na zona máis rural (ZPP) onde é inferior a 1, agás na provincia da Coruña. De todos os xeitos, a pesar do mellor comportamento do índice sintético de fecundidade nesas dúas zonas, ningunha das tres zonas de urbanización ten asegurado o reemprazo xeracional, que se sitúa en 2,1 fillos por muller.
Por provincias, o número medio de fillos por muller alcanza o seu valor máis alto na Coruña e o máis baixo en Ourense.
No período 2002-2016 o número medio de fillos por muller en Galicia pasou de 0,95 a 1,13. Por subzonas o comportamento é similar, se ben hai que resaltar que ningunha delas consegue superar no ano 2016 o valor de 1,2 fillos muller.
Por último, cómpre sinalar que na subzona máis rural, ZPP baixa, o indicador non logra alcanzar a cifra de 1 fillo por muller e sitúase no ano 2016 en 0,86. No outro extremo atópase a ZIP alta, que cun valor do indicador igual a 1,21 fillos por muller, é a que mellor se comporta.


Índice sintético de fecundidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, IGE-INE. Movemento Natural da Poboación

Compartir: