Resumo de resultados


Estrutura da renda e da poboación

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Estrutura da renda e da poboación segundo o grao de urbanización. Galicia

No ano 2018, a ZDP acumula o 43,5% do saldo das rendas primarias de Galicia (froito principalmente das rendas derivadas do traballo remunerado e por conta propia). Esta porcentaxe reduciuse lixeiramente dende o ano 2010 (44,8%), igual que ocorreu na ZPP; pola contra, a ZIP incrementou no período 2010-2018 a súa importancia na percepción de rendas primarias. Na ZDP esta porcentaxe supera o seu peso poboacional, o que significa que o saldo de rendas primarias por habitante é superior á media galega nesta zona.
A estrutura da renda dispoñible bruta atópase máis próxima á estrutura poboacional grazas á redistribución de rendas, pero aínda así está lonxe da distribución poboacional.


Estrutura da renda e da poboación segundo segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2010

Estrutura da renda e da poboación segundo segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2018

Principais variables económicas en relación ao promedio segundo o grao de urbanización (Galicia=100). Galicia

A zona pouco poboada (ZPP) atópase por debaixo da media galega na renda dispoñible por habitante e presenta ademais un peso da remuneración de asalariados sobre o total da renda inferior á media galega. Pola contra, o peso das prestacións sociais sobre a renda dispoñible bruta é no ano 2018 un 15,2% superior á media galega. Como consecuencia, a cobertura das cotizacións sociais na ZPP é a inferior dos tres graos de urbanización.


Principais variables económicas en relación ao promedio segundo o grao de urbanización (Galicia=100). Galicia. Ano 2018

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Estrutura da renda e da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia

A ZDP e a ZIP alta acumulan no ano 2018 o 72,5% do saldo das rendas primarias de Galicia, e un 69,5% da renda dispoñible bruta, mentres que a poboación que reside nestas zonas é o 64,2% do total.
O peso na renda dispoñible bruta das zonas con menor subgrao de urbanización, ZPP intermedia e ZPP baixa, é superior ao do saldo das rendas primarias bruto. Nestas zonas as variables de redistribución da renda como as prestacións sociais, os impostos e as transferencias contribúen a igualar a capacidade de aforro e consumo das diferentes zonas de Galicia.


Estrutura da renda e da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2018

Principais variables económicas en relación ao promedio segundo o subgrao de urbanización (Galicia=100). Galicia


Principais variables ecónomicas en relación ao promedio segundo o subgrao de urbanización (Galicia=100). Galicia. Ano 2018

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Renda municipal do sector fogares

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo