Número de establecementos por cada 1.000 habitantes

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Número de establecementos por cada 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2016

No ano 2016 o número de establecementos por cada 1.000 habitantes crece co grao de urbanización para Galicia e todas as provincias.

En Ourense é onde máis diferenza hai entre as zonas de urbanización no tocante a este indicador (44,4 puntos de diferenza), mentres que en Pontevedra é onde o número de establecementos é máis similar entre as distintas zonas: hai 32 establecementos por cada 1.000 habitantes máis na ZDP que na ZPP.

Se se analiza o número de establecementos por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización apréciase igualmente que a zona con maior número de establecementos por 1.000 habitantes é a ZDP; e onde este indicador é menor é na ZPP baixa, pero nas subzonas intermedias non se pode identificar un patrón que relacione o subgrao de urbanización co número de establecementos por 1.000 habitantes.

Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Número de establecementos por cada 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Directorio de empresas e unidades locais, IGE. Cifras poboacionais de referencia

Compartir: