Número de bens inmobles de uso residencial por Km2

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Número de bens inmobles de uso residencial por Km2 segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2017


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Número de bens inmobles de uso residencial por Km2 segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número de bens inmobles de uso residencial por Km2 aumenta co grao de urbanización e ademais a ZDP diferénciase notablemente das outras dúas zonas. A ZDP presenta valores especialmente altos nas provincias de Ourense e Pontevedra, nas que o número de bens inmobles de uso residencial por Km2 sitúase por riba de 750 inmobles. Na ZIP o indicador toma o valor máis alto na provincia de Pontevedra, que con 149,5 inmobles de uso residencial por Km2, supera o dobre do valor rexistrado en Lugo, que non acada os 72 inmobles. O valor do indicador non presenta diferenzas significativas entre as provincias na ZPP.

Por outra parte, a provincia de Lugo presenta valores baixos do indicador, o que reflicte unha maior dispersión nesta provincia dos bens inmobles de uso residencial.

Os datos do indicador segundo o subgrao de urbanización reflicten tamén unha relación directa co subgrao de urbanización e permiten afondar máis na caracterización das distintas zonas de urbanización de Galicia. Así, por un lado cómpre sinalar que na ZIP alta o número de inmobles de uso residencial por Km2 é case o dobre que na ZIP baixa e na ZPP baixa é notablemente inferior ás outras dúas subzonas da ZPP.


Número de bens inmobles de uso residencial por Km2 segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: Dirección General del Catastro. Catastro inmobiliario, IGN. Información subministrada directamente

Compartir: