Resumo de resultados


Número de bens inmobles de uso residencial por 1.000 habitantes


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Número de bens inmobles de uso residencial por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2023

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 602,1 531,2 563,8 755,8
   • A Coruña 553,8 540,6 534,3 603,7
   • Lugo 773,8 603,4 770,8 893,6
   • Ourense 873,3 638,4 749,1 1.104,5
   • Pontevedra 513,3 472,5 526,0 581,7


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Número de bens inmobles de uso residencial por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

 
En Galicia, no ano 2023, existe máis de un ben inmoble de uso residencial por cada dous habitantes. As provincias de Ourense e Lugo son as que presentan valores máis altos do indicador e, pola contra, a provincia de Pontevedra é a que conta cos valores máis baixos.
 
O número de bens inmobles de uso residencial por 1.000 habitantes presenta valores máis altos na zona pouco poboada que nas outras dúas zonas. Esta diferenza acentúase máis na provincia de Ourense, na que no ano 2023, na ZPP, existen 1.104,5 bens inmobles de uso residencial por cada 1.000 habitantes.
 
Na análise por subgrao de urbanización cómpre destacar que o maior número de bens inmobles de uso residencial por 1.000 habitantes atópase na ZPP intermedia e baixa.

 

2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total 574,5 583,0 589,5 594,4 596,8 597,8 603,1 602,0 602,1
ZDP 527,2 529,7 531,8 532,8 533,8 531,9 528,5 532,9 531,2
ZIP alta 537,7 540,7 543,7 547,0 546,0 548,2 555,3 547,3 547,1
ZIP baixa 597,6 605,6 612,3 616,1 618,8 616,5 624,2 617,6 619,9
ZPP alta 539,7 554,5 559,1 563,7 565,8 570,1 570,3 570,8 571,5
ZPP intermedia 711,9 732,8 749,9 767,6 778,8 782,8 800,5 805,6 808,9
ZPP baixa 709,5 737,8 761,3 777,8 790,1 798,4 832,2 831,8 837,5


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Número de bens inmobles de uso residencial por 1.000 habitantes:
É o cociente entre o número de bens inmobles de uso residencial e a poboación, extraída do Padrón municipal de habitantes, expresado en tanto por 1.000

Inmoble:
Por regra xeral, un inmoble é toda parcela ou porción de solo de natureza urbana, enclavada nun termo municipal e cerrada por unha liña poligonal que delimita o ámbito do dereito de propiedade dun propietario ou de varios pro indiviso, e no seu caso as construcións emprazadas en dito ámbito.

No Censo de poboación e vivendas un inmoble é cada un dos ocos que configuran os edificios, xa sexan vivendas ou locais.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: Dirección General del Catastro. Catastro inmobiliario, IGN. Información subministrada directamente

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo