Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia segundo o grao de urbanización. Base 2010

No ano 2014 o 42,9% do VEB de Galicia xérase na zona máis poboada, con 21.409 millóns de euros, mentres que a zona que menos contribúe ao total do VEB é a ZPP. Con respecto ao 2012 diminuíu o peso da ZDP na distribución do VEB de Galicia e, en contraposición, aumentou lixeiramente na ZIP e ZPP.

Distribución do VEB segundo o grao de urbanización. Base 2010
Ano 2014

Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) segundo o sector de actividade por grao de urbanización. Base 2010.

Ao considerar a distribución do VEB por sectores de actividade nas distintas zonas de urbanización obsérvase que o peso do sector servizos diminúe co grao de urbanización e, pola contra, o peso do sector primario aumenta de forma notable a medida que decrece o grao de urbanización. No que respecta aos sectores da industria e a construción, tamén neste caso semella existir unha relación inversa entre o peso destes no VEB e o grao de urbanización, sendo, de novo, a zona pouco poboada onde a industria e a construción achegan máis valor engadido á economía da rexión.


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia segundo o subgrao de urbanización. Base 2010.


Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia segundo o sector de actividade por subgrao de urbanización. Base 2010.

Na análise da distribución do VEB en Galicia segundo o subgrao de urbanización cómpre destacar que non segue o mesmo patrón que a análise segundo o grao. Neste caso non presenta unha relación directa entre o subgrao de urbanización e a contribución ao VEB. As subzonas que menos contribúen ao VEB de Galicia no ano 2014 son a ZPP intermedia, a ZPP alta e a ZIP baixa (no caso da ZPP intermedia non chega ao 5%).

Ao considerar a distribución do VEB segundo o sector de actividade nas subzonas de urbanización non se aprecia un patrón tan claro como na análise por zonas. Non obstante destaca o peso do sector primario nas subzonas menos urbanizadas, ZPP intermedia e ZPP baixa.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE.Produto interior bruto municipal. Base 2010.
Datos provisionais.

Compartir: