Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2015


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Galicia

No ano 2015 o indicador das rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta semella ter unha certa relación inversa co grao de urbanización, de tal forma que toma os seus valores máis elevados nas zonas menos urbanizadas e máis baixos nas zonas densamente poboadas. Tan só a provincia de Ourense escapa deste patrón, onde o indicador é máis elevado na ZIP que na ZPP.

O indicador das rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta ten unha evolución no tempo sen grandes variacións, e presenta os valores máis elevados nas subzonas ZPP intermedia e ZPP baixa, mentres que na subzona ZDP é onde este indicador é máis reducido. Cabe resaltar, non obstante, que o indicador diminúe en maior ou menor medida en todas as subzonas de urbanización entre 2010 e 2015, coa excepción da ZDP, na que rexistra un lixeiro incremento; isto é, o peso das rendas mixtas na renda dispoñible bruta decreceu en cinco das seis subzonas consideradas entre ambos períodos.


Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Contas de distribución da renda dos fogares por concellos

Compartir: