En Galicia, no ano 2009, o saldo de rendas primarias bruto sobre a renda dispoñible bruta crece co grao de urbanización e só na ZPP é inferior ao 100%; o que quere dicir que na ZPP a renda dispoñible bruta supera ao saldo de rendas primarias bruto.
Dende o ano 2007 o indicador saldo de rendas primarias bruto sobre a renda dispoñible bruta empeza a decrecer; a partir dese ano a actividade produtiva decrece ou diminúe o seu crecemento e polo tanto baixan a remuneración de asalariados e as rendas mixtas pero soben as prestacións sociais (por exemplo, prestacións por desemprego) e baixan os impostos.
|
|