Número de empresas por 1.000 habitantes

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Número de empresas por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2016

Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Número de empresas por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número de empresas por 1.000 habitantes crece a medida que aumenta o grao de urbanización.

No período 2004-2016 este indicador incrementouse en todas as subzonas de urbanización. A ZDP é a que conta cun maior número de empresas por 1.000 habitantes en todo o período. Semella existir tamén unha relación directa entre o subgrao de urbanización e número de empresas por 1.000 habitantes, de xeito que as subzonas urbanas rexistran valores máis elevados deste indicador; este patrón de comportamento só se altera entre a ZIP alta e baixa, xa que a segunda presenta maior número de empresas por habitante que a primeira ao longo de todo o período (a excepción do ano 2016 no que ambas zonas rexistran igual valor para este indicador). A subzona que aparece máis diferenciada das demais é a ZPP baixa, con 58 empresas por 1.000 habitantes no ano 2016 fronte ás 86 da ZDP.

Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)


Número de empresas por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Directorio de empresas e unidades locais, IGE. Cifras poboacionais de referencia

Compartir: