Taxa de risco de pobreza ou exclusión social

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social segundo o grao de urbanización

No ano 2016 a taxa de risco de pobreza ou exclusión social presenta o seu valor máis elevado na ZIP (21,74%), e a zona onde é menor é a ZDP (19,45%). Con respecto ao ano 2011, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social diminuíu na zona pouco poboada (3,26 puntos) e na zona intermedia (2,45 puntos) e incrementouse lixeiramente na zona densamente poboada (0,07 puntos). Con respecto ao ano anterior, isto é, o 2015, a taxa de risco de pobreza diminuíu nas tres zonas consideradas.

Na evolución deste indicador cabe destacar que no período considerado as diferenzas entre as zonas son menores no ano 2016 (onde se rexistra un diferencial de 2,29 puntos entre a zona intermedia e a densamente poboada) que no ano 2011 (onde o diferencial é do 4,81).

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa estrutural a fogares

Compartir: