Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Ano 2016

Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a idade e o grao de urbanización. Información para Galicia.

No ano 2016 hai 243,1 pensionistas por cada 1.000 habitantes residentes en Galicia que perciben unha pensión contributiva da seguridade social. O número de pensionistas por 1.000 habitantes aumenta ao diminuír o grao de urbanización e acada por tanto a valor máis alto na zona pouco poboada, 316,2 pensionistas por mil habitantes, fronte aos 214 pensionistas por 1.000 habitantes que se rexistran na zona máis poboada (ZDP).
As provincias de Pontevedra e Lugo compórtanse igual que o conxunto de Galicia e é en Lugo onde as diferenzas son máis acusadas; nesta provincia residen 164 pensionistas máis na ZPP que na ZDP por cada 1.000 habitantes.
Nas provincias da Coruña e Ourense a ZDP rexistra máis pensionistas por cada 1.000 habitantes que a ZIP.
A distribución segundo a idade dos pensionistas en cada unha das zonas amosa que o 24,5% dos pensionistas da ZIP teñen menos de 65 anos mentres que a porcentaxe de pensionistas menores de 65 anos na ZPP non acada o 20%. En todas as zonas a porcentaxe de pensionistas entre 65 e 84 anos supera o 60% do total de pensionistas.

Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a idade e o grao de urbanización.
Galicia. Ano 2016

Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

Os datos do indicador segundo o subgrao de urbanización reflicten tamén unha relación inversa co subgrao de urbanización.
Con respecto ao ano 2013, no 2016 rexistráronse máis pensionistas por 1.000 habitantes en todas as subzonas de urbanización. A subzona que experimentou o maior aumento de pensionistas por 1.000 habitantes no período 2013-2016 foi a ZIP alta.
O número de pensionistas por cada 1.000 residentes é maior no caso dos homes que no das mulleres en todas as subzonas, agás na zona ZPP baixa, a subzona menos poboada.


Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización.
Galicia. Ano 2016

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Os datos que se publican neste apartado son relativos a pensións contributivas básicas en alta da Seguridade Social de residentes en Galicia. O concello de residencia da persoa obtense mediante o cruce do ficheiro de pensións contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do INE. O importe calcúlase como suma dos importes de todas as pensións que percibe cada pensionista

Descarga de datos

Fontes de información

Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia

Compartir: