Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo o grao de urbanización. Ano 2015

Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a idade e o grao de urbanización. Galicia

No ano 2015 o importe medio das pensións contributivas da Seguridade Social dos residentes en Galicia presenta unha relación directa co grao de urbanización (a maior grao de urbanización maior importe medio das pensións). Este comportamento reflíctese en todas as provincias, e as diferenzas son máis acusadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde o importe medio das pensións na ZDP é máis de 250 euros superior ao da zona menos poboada (ZPP).
Ao ter en conta a idade apréciase que o importe medio das pensións crece co grao de urbanización en todos os grupos considerados pero a diferenza é máis acusada no grupo de idade de 65 a 74 anos, onde de media o importe das pensións na ZDP é 400 euros superior ao da ZPP.

Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a idade e o grao de urbanización. Galicia. Ano 2015

Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

Ao considerar o importe medio das pensións segundo o subgrao de urbanización consérvase o mesmo patrón de crecemento do importe medio ao achegarse á zona densamente poboada.
Respecto do ano 2013, no 2015 o importe medio das pensións medrou en todas as subzonas. Ademais o incremento do importe medio nestes dous anos relaciónase directamente co subgrao de urbanización, de xeito que o importe medio das pensións contributivas medrou máis entre estes dous anos nas zonas máis densamente poboadas que nas pouco poboadas.
Por outra banda, o importe medio das pensións dos homes é superior ao importe medio das pensións das mulleres en todas as subzonas de urbanización. Estas diferenzas son máis notables nas zonas máis poboadas (ZDP), onde o importe medio das pensións dos homes é 358 euros superior ao das mulleres, mentres que nas zonas menos poboadas esta diferenza redúcese ata os 128 euros.


Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2015

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Os datos que se publican neste apartado son relativos a pensións contributivas básicas en alta da Seguridade Social de residentes en Galicia. O concello de residencia da persoa obtense mediante o cruce do ficheiro de pensións contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do INE. O importe calcúlase como suma dos importes de todas as pensións que percibe cada pensionista

Descarga de datos

Fontes de información

Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia

Compartir: