Paro rexistrado por 1.000 habitantes

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Galicia

O número de parados rexistrados por cada 1.000 habitantes é máis elevado nas zonas densamente poboada e intermedia que na ZPP.
No período 2008-2015 este indicador rexistra nas tres zonas o seu valor máis baixo no ano 2008. A partir desta data, o número de parados por cada 1.000 habitantes increméntase de forma continuada nas tres zonas ata o ano 2013, no que comeza a descender. Así, o volume de paro rexistrado por cada 1.000 habitantes diminuíu entre 2014 e 2015 un 7,5% na ZDP, un 8,5% na ZIP e un 8,7% na ZPP.


Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Galicia

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

A consideración das seis subzonas determinadas polo subgrao de urbanización, así como o sexo, na análise do paro rexistrado por 1.000 habitantes permite comprobar como a incidencia desta variable é maior na ZDP (144,5 parados/1.000 hab.) para ambos sexos (136,1 para os homes fronte a 152,3 para as mulleres). Para este último subgrupo, o feminino, parece existir unha certa relación directa entre paro rexistrado e subgrao de urbanización, xa que os valores do indicador diminúen de forma continuada dende a zona ZDP ata a ZPP baixa. Non se pode dicir o mesmo para o caso dos homes xa que a ZPP alta é a segunda zona con maior volume de paro rexistrado por cada 1.000 habitantes.

Por outra parte, cómpre resaltar o comportamento da subzona máis rural (ZPP baixa), na que o indicador alcanza un valor notablemente máis baixo que no resto de subzonas; en particular, no ano 2015, o paro rexistrado por 1.000 habitantes na ZPP baixa é un 23% inferior ao rexistrado na ZDP.

Por último, os datos do indicador segundo o sexo amosan que a incidencia do paro rexistrado é maior nas mulleres que nos homes en todas as subzonas de urbanización, excepto na ZPP baixa, na que alcanza valores máis altos para os homes.


Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2015

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado e información subministrada directamente

Compartir: