Resumo de resultados


Contratos iniciais por 1.000 habitantes


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización.
Información para Galicia e provincias. Ano 2023

 
Os contratos rexistrados por 1.000 habitantes en Galicia aumentan co grao de urbanización. No ano 2023, na zona densamente poboada rexistráronse en Galicia 540,2 contratos por 1.000 habitantes, un 56,4% máis que na zona intermedia e un 89,3% máis que na zona pouco poboada. Este indicador toma para Galicia na ZDP e na ZIP valores moi superiores á ZPP.
 
Por outra parte, polo que respecta ás provincias, a zona que presenta un maior número de contratos por 1.000 habitantes é, en todas elas, a zona densamente poboada (ZDP).

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 404,0 540,2 345,4 285,3
   • A Coruña 407,0 595,8 307,7 277,9
   • Lugo 353,1 435,1 340,7 295,2
   • Ourense 322,0 364,1 246,3 324,1
   • Pontevedra 441,0 555,1 398,6 257,5


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Desde o ano 2010 a ZDP é a que presenta un maior número de contratos rexistrados por 1.000 habitantes e acada os valores máis altos no ano 2019. O indicador aumenta dende o ano 2011 ata o ano 2019, no que alcanza o seu nivel máis alto da serie. No ano 2020, a causa da pandemia da Covid-19 o indicador diminúe. No último ano considerado, o volume de contratos por 1.000 habitantes na ZDP diminuíu un 13,1%, situándose nos 540,2 contratos por cada 1.000 habitantes en 2020.

Nas restantes zonas, obsérvase unha diminución do número de contratos por 1.000 habitantes no ano 2023.

2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total 386,0 436,4 493,5 534,8 581,5 616,2 621,4 428,5 525,0 465,1 404,0
ZDP 490,2 556,2 625,7 660,4 721,6 764,5 778,5 547,8 675,4 621,5 540,2
ZIP alta 370,5 423,5 478,3 535,1 595,6 620,0 606,6 418,7 506,6 427,2 355,1
ZIP baixa 394,9 430,6 475,4 494,6 500,5 550,2 566,7 368,7 445,2 368,5 311,7
ZPP alta 306,0 360,7 425,5 468,3 470,1 498,3 475,9 316,1 409,3 342,6 307,8
ZPP intermedia 253,0 265,5 290,8 335,2 372,1 401,1 443,7 263,9 296,3 292,5 284,0
ZPP baixa 230,7 253,2 293,8 328,2 355,2 382,9 396,4 273,3 331,5 289,2 272,3


Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo sexo e o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2023

 

Homes Mulleres
Total 414,2 394,0
ZDP 565,3 517,0
ZIP alta 365,6 344,7
ZIP baixa 307,2 316,3
ZPP alta 333,4 281,4
ZPP intermedia 275,7 292,7
ZPP baixa 271,5 273,1

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes:
É o cociente entre o número de contratos que inician a relación laboral e a poboación de idade comprendida entre os 16 e 64 anos, expresado en tanto por mil. Inclúense os contratos indefinidos ordinarios, indefinidos de fomento do emprego (lei 63/1997), de obra ou servizo, eventuais por circunstancias da producción, interinidades, prácticas, formación e outros.

Contrato temporal:
Con carácter xeral, un emprego defínese como temporal cando a finalización do contrato ou relación laboral queda determinada por condicións obxectivas, coma a expiración dun prazo, a realización dunha tarefa determinada, a reincorporación dun empregado ao que se substituíra temporalmente, a realización dun período de prácticas, etc. En todo caso, neste tipo de contratos as condicións da súa finalización xeralmente aparecen recollidas no contrato. Contrato indefinido ordinario

É o concertado sen establecer límites de tempo na prestación de servizos con xornada a tempo completo, parcial ou fixo descontinuo.  

Contrato indefinido fomento do emprego:
Contrato de duración indefinida acollido ao Fomento da Contratación Indefinida e xornada completa, parcial ou fixo descontinuo, orientado a incentivar a contratación de traballadores desempregados.

Contrato indefinido personas con discapacidade:
Contrato de duración indefinida dirixido á integración laboral de persoas con discapacidade e que pode ser de xornada completa ou a tempo parcial.

Contrato de obra ou servizo:
Son os contratos para a realización de obras ou servizos determinados, en xornada completa ou parcial, na actividade da empresa e que ten duración temporal.

Contrato eventual por circunstancias da produción:
Contratos de duración temporal, en xornada completa ou parcial, para atender as esixencias circunstaciais do mercado.

Contrato de interinidade:
Contrato de duración temporal para substituír a un traballador con dereito a reserva do posto, en xornada completa ou parcial.

Contrato temporal para persoas con discapacidade:
Contrato temporal de doce meses a tres anos, con xornada completa ou parcial, para persoas con discapacidade.

Contrato de relevo:
Contrato de duración indefinida ou ata o momento da xubilación do traballador ao que substitúe por xubilación parcial; con xornada parcial ou completa.

Contrato por xubilación parcial:
Contrato de duración determinada e xornada parcial, complementario ao de relevo, que se firma co traballador que se xubila parcialmente.

Contrato de substituciónpor xubilación aos 64 anos:
Contrato para traballadores desempregados que substitúan a outros traballadores que anticipan a idade de xubilación nun ano.

Contrato en prácticas:
Contratos destinados a completa a formación de traballadores con títulos universitarios ou de formación profesional. Son contratos de duración temporal, con xornada a tempo parcial ou completa, indistintamente.

Contrato para a formación:
Contrato destinado aos mozos de 16 a 24 anos (Ata o 31 de decembro de 2013 pódese celebrar con traballadores de ata 30 anos), para a adquisición por parte do traballador da cualificación necesaria para o desempeño dun oficio ou posto de traballo concreto.

CNAE-09 (Clasificación Nacional de Actividades Económicas):
É a Clasificación Nacional de Actividades Económicas resultante do proceso internacional de revisión denominado Operación 2007. Foi elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento de aprobación da NACE Rev.2. O obxectivo desta clasificación é establecer un conxunto xerarquizado de actividades económicas que poida ser empregado para:
  • Favorecer a implementación de estatísticas nacionais que poidan ser diferenciadas de acordo coas actividades establecidas
  • Clasificar as unidades estatísticas e entidades segundo a actividade económica exercida

Acceso á Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009)

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar. Información subministrada directamente

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo