En Galicia, o valor máis alto do número de pensións non contributivas por 1.000 habitantes acádase na ZPP. Por provincias o indicador presenta certas diferenzas con respecto ao galego; así, nas provincias da Coruña e Pontevedra o maior volume de pensións non contributivas por 1.000 habitantes sitúase na ZPP pero, nas provincias de Lugo e Ourense, o indicador presenta os valores máis elevados na ZDP.
Os datos do indicador segundo o subgrao de urbanización permiten observar que as pensións non contributivas por 1.000 habitantes diminúen ao longo do período 2009-2012, pero nos catro últimos anos da serie (do 2013 ao 2016) mantéñense practicamente no mesmo valor. Por outra parte, cómpre resaltar que as ZIP alta e baixa son as subzonas nas que se rexistraron os menores valores deste indicador na maioría dos anos considerados.
O número de pensións non contributivas por 1.000 habitantes no ano 2016 nas mulleres galegas é un 79% superior ao dos homes. A subzona na que se observa unha menor diferenza entre sexos é na ZDP, na que o indicador para as mullleres no ano 2016 é 1,5 veces o valor rexistrado para os homes; pola contra, na ZPP alta, con pensións non contributivas por 1.000 habitantes das mulleres 2,5 veces superiores ás dos homes, rexístrase a maior diferenza.
|
|