Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Distribución salarial

Distribución salarial

Distribución salarial

Os seguintes gráficos amosan a distribución dos salarios en Galicia no ano 2014. No gráfico da esquerda represéntase a relación entre o número de asalariados e o seu salario bruto anual. O salario mediano é de 17.379,5 euros. Isto indica que o 50% dos asalariados galegos perciben unha retribución bruta inferior a esa cantidade. A distribución é asimétrica, cunha concentración de salarios por debaixo da media.

No gráfico da dereita represéntase a función de densidade do salario bruto anual para Galicia e as catro provincias. Este gráfico mostra que a distribución salarial é moi similar entre as provincias galegas; non obstante, as distribucións das provincias de Lugo e Ourense atópanse lixeiramente desprazadas á esquerda das da Coruña e Pontevedra, o que indica menores salarios en Lugo e en Ourense que nas provincias atlánticas.

Distribución do salario bruto anual. Galicia. Ano 2014

Densidade do salario bruto anual. Galicia e provincias. Ano 2014

Percentís do salario bruto anual

No ano 2014 só un 25% dos asalariados galegos percibiron un salario bruto anual superior a 24.364,2 euros e tan só un 10% dos asalariados obtiveron un salario bruto anual superior a 35.829,7 euros.

Os percentís 10 e 25 de España e Galicia son moi similares, o que indica homoxeneidade de salarios nos niveis baixos. As diferenzas aumentan a medida que aumenta o salario e acentúanse no percentil 90, que en España é un 15,4% superior ao de Galicia.

Na análise territorial da distribución dos salarios aprécianse maiores salarios na provincia de A Coruña, onde o 10% dos asalariados obtiveron un salario superior a 37.336,5 euros brutos anuais.

Nas provincias de Lugo e Ourense algo máis do 50% dos asalariados obtiveron un salario inferior a 16.500 euros brutos anuais. Ademais, a provincia de Ourense é a que presenta os valores dos salarios máis baixos en todos os niveis.

Percentís do salario bruto anual. Ano 2014
Euros

Percentís do salario bruto anual. Provincias. Ano 2014
Euros

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: