Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo a ocupación (CNO 11)

Salario bruto anual segundo a ocupación (CNO 11)

Salario bruto anual segundo o sexo e ocupación. Ano 2014

A ocupación é unha das variables que máis inflúen no nivel salarial. Os salarios dos tres primeiros grupos ("Directores e xerentes", "Técnicos e profesionais científicos e intelectuais" e "Técnicos e profesionais de apoio") son superiores á media, tanto en Galicia como en España. En Galicia, no ano 2014, no grupo dos "Directores e xerentes" é onde se acada o salario bruto anual máis alto (43.192,4 euros) e supera nun 113,9% ao salario medio; en España o salario deste grupo acada no ano 2014 a cifra de 52.513 euros e supera nun 129,7% ao salario medio.

Ademais, existen grandes diferenzas entre o primeiro grupo, o de "Directores e xerentes", e os restantes. En Galicia, os salarios deste primeiro grupo son un 43% superiores aos do grupo de "Técnicos e profesionais científicos e intelectuais" e en España un 59,8%.

As ocupacións menos remuneradas son as "Ocupacións elementais" e os "Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección e comercio", nas que o salario bruto non acada en Galicia no ano 2014 os 15.000 euros anuais.

Salario bruto anual segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2014
Euros

Ao comparar o salario bruto anual de Galicia con España nos distintos grupos de ocupación, pódese observar que as ocupacións onde menor diferenza existe son os "Técnicos e profesionais científicos e intelectuais", "Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (excepto operadores de instalacións e maquinaria)" e as "Ocupacións elementais". Nas restantes ocupacións o salario bruto anual en España no ano 2014 supera en máis dun 10% ao rexistrado en Galicia.

Salario bruto anual segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2014
Euros

A comparación dos salarios segundo a ocupación en termos de ganancia por hora reflicte basicamente os mesmos resultados que ao considerar o salario bruto anual.

Ganancia por hora segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2014
Euros por hora

Ganancia por hora segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2014
Euros por hora

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: