Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo a actividade económica

Salario bruto anual segundo a actividade económica

Salario bruto anual segundo a actividade

Existen grandes diferenzas salariais segundo a actividade económica. As actividades económicas máis remuneradas son as "Actividades financeiras e de seguros", onde o salario anual acada en 2014 en Galicia os 37.496,3 euros, seguidas a grande distancia da "Enerxía" e da "Información e comunicacións". Por outro lado, as actividades con menor remuneración son as "Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos" e o "Transporte e almacenamento; Hostalaría", nas que o salario bruto anual non acada os 14.000 euros.

Os salarios brutos anuais en Galicia son inferiores aos de España en todas as agrupacións de actividade. Non obstante, as tres agrupacións nas que existen máis similitudes nos salarios son "Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais", "Actividades financeiras e de seguros" e "Construción", nas que a porcentaxe do salario bruto anual de Galicia sobre o de España alcanza os valores do 93,8%, 92,1% e 91,2% respectivamente.

Salario bruto anual segundo as ramas agregadas de actividade. España e Galicia. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo as ramas agregadas de actividade. España e Galicia. Ano 2014
Euros

A análise dos salarios en termos da ganancia por hora permite observar como as maiores diferenzas entre Galicia e España están en "Transporte e almacenamento; Hostalaría". As menores diferenzas están nas "Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación;  Actividades sanitarias e de servizos sociais", tal e como xa sucedía no salario bruto anual.

Ganancia por hora segundo a actividade. España e Galicia. Ano 2014
Euros por hora


Salario bruto anual segundo o sexo e actividade

Salario bruto anual segundo o sexo e a actividade. Galicia . Ano 2014
Euros

As diferenzas salariais entre homes e mulleres aumentan ao excluír da análise a administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria. Neste caso os homes alcanzan un salario bruto anual de 22.298,60 euros, un 28,8% maior que o das mulleres; mentres que, se non se exclúen estas actividades, os homes gañan un 26,5% máis que as mulleres.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: