Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Os salarios atópanse moi influídos polo nivel de estudos do traballador; canto máis alto sexa este último máis elevado será o seu salario. En España, os traballadores con nivel de estudos igual ou superior ás ensinanzas de formación profesional de grado superior teñen salarios por enriba da media; en Galicia só perciben salarios superiores á media os traballadores con nivel de estudos diplomados e licenciados.

En Galicia, os traballadores con educación primaria teñen unha remuneración inferior nun 23,9% ao salario medio; pola contra, o grupo dos licenciados e similares e doutores universitarios, percibe un salario medio anual un 53,2% superior á media.

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia e España. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia e España. Ano 2014
Euros

A análise dos resultados a nivel provincial permite salientar que en todas as provincias galegas os salarios máis altos se presentan nos traballadores con nivel de educación terciaria.

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia e provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos

Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos. Galicia. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos. Galicia. Ano 2014
Euros

As diferenzas nos salarios entre homes e mulleres diminúen a medida que se incrementa o nivel de estudos alcanzado polos traballadores. Así, mentres no ano 2014 en Galicia, o salario das mulleres con nivel de estudos "Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa", representa o 69,5% do salario dos homes, nos traballadores con educación "Terciaria", esta porcentaxe alcanza o 80,6%.

Por outra parte, a análise do nivel de estudos alcanzado, non entre sexos senón dentro de cada sexo, amosa que os salarios das mulleres con educación terciaria son un 84,6% superiores aos das mulleres do primeiro grupo; nos homes esta porcentaxe é do 59,2%. Esta situación reflicte unha maior diferenza nos salarios segundo o nivel de estudos nas mulleres que nos homes.

Distribución do salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Percentís do salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano 2014
Euros

Densidade do salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano 2014

Mentres pouco máis do 10% dos asalariados con nivel de estudos "Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa" perciben salarios superiores a 25.000 euros, nos que teñen nivel de formación "Secundaria 2ª etapa e postsecundaria non terciaria" esta porcentaxe está próxima ao 25% e nos de educación "Terciaria" está moi cerca do 50%.

No gráfico das curvas de densidade dos salarios segundo o nivel de estudos pódese observar que nos traballadores con educación "Terciaria" os salarios están moito máis dispersos que nos outros dos grupos.

Por outra parte, os salarios dos traballadores con nivel de estudos "Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa" son os máis baixos e os que presentan maior concentración en torno ao valor modal (pico da curva), tal e como reflicte o feito de que a curva de densidade deste grupo sexa a que aparece máis desprazada cara á esquerda e ademais a que presenta un pico máis pronunciado.

Percentís do salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano 2014
Euros

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: