Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo a antigüidade

Salario bruto segundo a antigüidade

Salario bruto anual segundo a antigüidade

O salario bruto anual está directamente relacionado coa antigüidade no posto de traballo. O complemento de antigüidade mellora os salarios dos traballadores, aínda que o incremento non é unicamente debido a este complemento, senón que a antigüidade na empresa provoca melloras no posto de traballo e, por conseguinte, nas remuneracións.

Na última categoría (máis de 30 anos) o salario descence con respecto á anterior. Este último efecto pode estar orixinado, entre outros motivos, pola existencia de topes salariais.

En Galicia, os salarios máis altos atópanse entre os asalariados que teñen unha antigüidade na empresa de 21 a 29 anos, onde o seu valor representa máis do dobre do salario percibido polos asalariados cunha antigüidade inferior a 1 ano. En España, pola contra, os salarios máis elevados obsérvanse no grupo de traballadores e traballadoras que leva 30 ou máis anos na mesma empresa.

Polo que respecta ás diferenzas salariais entre Galicia e España, estas aumentan a medida que aumenta a antigüidade na empresa dos traballadores.

Salario bruto anual segundo a antigüidade. España e Galicia. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade

Os salarios brutos anuais dos homes e das mulleres teñen un comportamento similar respecto aos anos de antigüidade na empresa, a excepción de no último grupo; isto é, nos homes os salarios crecen ata o nivel de 21 a 29 anos de antigüidade e descenden no último nivel, mentres que nas mulleres os salarios aumentan ata o último grupo de antigüidade.

As diferenzas relativas entre os salarios dos homes e das mulleres son maiores nos asalariados con menos antigüidade e así, nos grupos de menos de 1 ano de antigüidade, de 1 a 3 anos de antigüidade e de 4 a 10 anos, o salario dos homes é superior ao das mulleres nun 40,6%, 26% e nun 28,9%, respectivamente.

Por outra banda, as menores diferenzas preséntanse nos asalariados de entre 11 e 20 anos de antigüidade e de máis de 30 anos, nos que o incremento do salario dos homes con respecto ao das mulleres non acada o 15% no primeiro caso e sitúase no 16% no segundo.

Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade. Galicia. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade. Galicia. Ano 2014
Euros

Ganancia por hora segundo a antigüidade

Na análise da ganancia por hora segundo a antigüidade dos traballadores obsérvase o mesmo comportamento ascendente do salario respecto a antigüidade do traballador, tanto en España como en Galicia.

Cabe resaltar que, se ben cando se considera o salario bruto anual segundo a antigüidade dos traballadores obsérvase un lixeiro descenso do salario nos traballadores con máis de 30 anos de antigüidade na empresa, cando se considera a ganancia por hora, os salarios increméntanse en todos os tramos de antigüidade. Semella, polo tanto, que o descenso do salario bruto anual nos traballadores con máis antigüidade podería deberse a un descenso das horas traballadas e non a un da ganancia por hora.

Ganancia por hora segundo a antigüidade. España e Galicia. Ano 2014
Euros por hora

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: