Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo o tipo de xornada

Salario bruto segundo o tipo de xornada

Salario bruto anual segundo o tipo de xornada

O tipo de xornada é unha das variables que determina o nivel salarial. O salario medio anual dos asalariados con xornada a tempo parcial no ano 2014 en Galicia foi inferior en máis dun 60% ao dos asalariados con xornada a tempo completo. De feito, o salario dos traballadores a tempo parcial representa un 38,6% do salario dos traballadores a tempo completo.

A análise dos salarios segundo o tipo de xornada por provincias confirma a existencia de diferenzas segundo o tipo de xornada en todas elas. Non obstante, cómpre resaltar a provincia de Lugo, na que as diferenzas son máis pronunciadas e o salario medio na xornada a tempo completo supera nun 174,8% ao salario a tempo parcial.

Salario bruto anual segundo o tipo de xornada. Galicia e provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o tipo de xornada. Galicia e provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada

Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2014
Euros

A análise segundo o sexo reflicte que os homes a tempo completo cobran un 11,4% máis que as mulleres con este tipo de xornada, mentres que nos traballadores a tempo parcial esta diferenza entre sexos redúcese ao 8,1%.

No seguinte gráfico represéntase a función de densidade do salario bruto anual segundo o tipo de xornada e o sexo.

Pódese apreciar que as densidades dos traballadores a tempo completo atópanse á dereita das densidades dos traballadores a tempo parcial, o que indica que os salarios brutos anuais dos traballadores a tempo completo son maiores que os de aqueles que traballan a tempo parcial en ambos os dous sexos.

Por outra banda, a densidade das mulleres a tempo parcial é máis apuntada que o resto, o que reflicte unha maior concentración dos salarios brutos anuais deste tipo de traballadoras.

Densidade do salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2014

Ganancia por hora segundo o tipo de xornada

A comparación do salario bruto anual, que é válida desde o punto de vista dos ingresos dos traballadores, non resulta pertinente se comparamos salarios como "prezo da man de obra", posto que os salarios a tempo completo corresponden a máis horas de traballo. Neste caso a ganancia por hora é unha variable máis relevante.

Ao comparar a ganancia por hora entre os dous tipos de xornada obsérvase que no ano 2014 en Galicia, a ganancia por hora dos asalariados a tempo parcial é un 25,7% menor que a ganancia por hora dos asalariados a tempo completo.

Na provincia de Lugo, onde a ganancia por hora dos asalariados a tempo parcial é un 19% menor que a ganancia por hora dos asalariados a tempo completo, é na que menos diferenzas existen entre os dous tipos de xornada. No outro extremo sitúase a provincia de Ourense na que a ganancia por hora dos asalariados a tempo parcial é un 28% menor que a dos asalariados a tempo completo.

Ganancia por hora e tipo de xornada. Galicia, España e provincias. Ano 2014
Euros por hora

A análise dos salarios segundo o tipo de xornada e sexo reflicte resultados semellantes cando se considera a ganancia por hora aos que se observaban cando se analizou o salario bruto anual: tanto o sexo masculino coma o feminino percibe salarios por hora máis elevados nos traballos a tempo completo que a tempo parcial.

Ganancia por hora segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2014
Euros por hora


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: