Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

Para os efectos da enquisa consideráronse dous tipos de contrato, os contratos de duración indefinida e os contratos de duración determinada. Para poder realizar comparacións entre asalariados con contrato de duración indefinida e duración determinada, axustouse o salario daqueles asalariados que non permaneceron todo o ano no centro de traballo e asignóuselles un salario anual equivalente ao que percibirían no caso de traballar durante todo o ano nas mesmas condicións.

O salario dos galegos con contrato de traballo de duración indefinida foi en 2014 superior nun 41,8% ao dos asalariados con contrato de duración determinada. No conxunto do Estado esta diferenza é superior e alcanza, no mesmo ano o 57,8%.

A análise por provincias reflicte que Lugo e Ourense son as provincias onde os salarios segundo duración do contrato son máis homoxéneos; os asalariados con contrato indefinido cobran un 31% máis que os asalariados con contrato de duración determinada. No resto das provincias, esta cifra supera o 40%.

Salario bruto anual segundo o tipo de contrato. Galicia e provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o tipo de contrato. Galicia e provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato

Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2014
Euros

A análise segundo o sexo reflicte que as diferenzas segundo o tipo de contrato son máis notables nos homes que nas mulleres; mentres os homes con contrato de traballo de duración indefinida cobran un 43,8% máis que os que teñen contrato de duración determinada, nas mullleres esta porcentaxe é do 38,1%.

No seguinte gráfico represéntase a función de densidade do salario bruto anual para Galicia segundo o sexo e o tipo de contrato.

A densidade dos homes con contrato de duración determinada é máis apuntada que o resto, o que reflicte unha maior concentración dos seus salarios.

En ambos os dous tipos de contratos a densidade das mulleres atópase á esquerda da dos homes, motivado isto polos menores salarios das mulleres.

Densidade do salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2014

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: