Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Fenda salarial

Fenda salarial

Fenda salarial

A fenda salarial é un indicador que representa a diferenza entre a ganancia media por hora dos homes e a ganancia media por hora das mulleres como porcentaxe da ganancia media por hora dos homes. Para o cálculo deste indicador só se consideran os asalariados de empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O: "Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria") da CNAE 2009.

No ano 2014 a fenda salarial en Galicia foi do 11,5%. Isto significa que os homes gañan máis que as mulleres, en concreto, un 11,5% máis. A fenda salarial en Galicia sitúase nese ano por debaixo da da UE28, que acada o valor do 16,8% e da de España, cuxa fenda se sitúa en 14,9% en 2014.

Ao analizar a evolución temporal deste indicador obsérvase que a fenda salarial entre homes e mulleres reduciuse entre 2010 e 2014 dous puntos porcentuais; isto quere dicir que as diferencias salariais entre homes e mulleres eran máis abruptas en 2010 do que o son en 2014.

Fenda salarial na industria, construción e servizos (excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria). Galicia e provincias. Ano 2014
Porcentaxes

Fenda salarial segundo o tipo de xornada

Fenda salarial segundo o tipo de xornada na industria, construción e servizos (excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria).
Galicia. Ano 2014

Porcentaxes

Ao ter en conta o tipo de xornada, as diferenzas na fenda salarial diminúen.

No ano 2014, os homes que traballaban a tempo parcial en Galicia gañaban un 9,9% máis (con respecto ao seu salario), que as mulleres que traballaban co mesmo tipo de xornada. Os salarios a tempo completo son máis homoxéneos e a fenda salarial neste tipo de xornada non supera o 8%.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura salarial elaborada polo INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: