Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Mediana das ganancias medias por hora

Mediana das ganancias medias por hora

Mediana das ganancias medias por hora segundo o sexo

A mediana das ganancias medias por hora defínese coma o valor tal que a metade da poboación nesa rexión/país gaña menos que ese valor e a outra metade gaña máis. Os datos son relativos a asalariados de empresas de 10 ou máis traballadores, incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O) da CNAE 2009.

En Galicia, a metade dos asalariados teñen un salario por hora inferior a 8,9 euros. Este valor é inferior para as mulleres que para os homes, 8 fronte a 9,6 euros por hora. Por provincias, o dato máis alto corresponde a Lugo e o máis baixo a Ourense, con 7,9 euros por hora.

Mediana das ganancias medias por hora segundo o sexo. Ano 2014
Euros por hora

Mediana das ganancias medias por hora segundo a idade

Se se analiza a mediana das ganancias medias por hora segundo a idade, obsérvase que este valor aumenta a medida que aumenta a idade. Así a mediana aumenta un 36,5% de ter menos de 30 anos a ter 50 ou máis anos.

Mediana das ganancias medias por hora segundo a idade. Ano 2014
Euros por hora

Mediana das ganancias medias por hora segundo o nivel de estudos

Se se analiza a mediana das ganancias medias por hora segundo o nivel de estudos, obsérvase que este valor aumenta a medida que aumenta o nivel de estudos. Por provincias, o salario máis alto corresponde a Lugo nos asalariados con educación "Terciaria" e o máis baixo a Ourense nos asalariados que teñen un nivel de estudos inferior a secundaria 2ª etapa.

Mediana das ganancias medias por hora segundo o nivel de estudos. Ano 2014
Euros por hora

Mediana das ganancias medias nos países da Unión Europea

A mediana das ganancias medias por hora para a UE-28 situouse no 2014 en 13,2 euros por hora, dato superior ao de España, 9,8, e ao galego que se situou no mesmo ano en 8,9 euros por hora.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada por el INE


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: