Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (persoas ocupadas, paradas, activas e inactivas) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

O obxectivo da Estatística de mobilidade laboral e xeográfica é investigar a relación entre a empregabilidade das persoas e a súa disposición a cambiar de residencia, a través do estudo conxunto das características laborais e o tempo que levan vivindo no municipio, en colaboración co INE.

A Estatística de mobilidade laboral e xeográfica toma como base a mostra da EPA do primeiro trimestre do ano e incorpora información do último movemento do Padrón municipal de habitantes que supoña un cambio no municipio de residencia.



Mobilidade da poboación ocupada

No primeiro trimestre de 2023 residían en Galicia 1.103.700 persoas ocupadas, das cales o 2,7% cambiara de municipio de residencia facía menos dun ano. Por outra banda, o 13,9% levaba vivindo no mesmo municipio entre 1 e 5 anos e o 83,4% restante 5 ou máis anos.

Ao considerar a idade dos traballadores e das traballadoras, obsérvase como a mobilidade é maior entre a poboación ocupada máis nova. O 4% dos mozos e das mozas menores de 25 anos levaba residindo no mesmo municipio menos dun ano e para a poboación ocupada de entre 25 e 34 anos (ambos inclusive) esta porcentaxe era do 5,8%. No outro extremo atopábanse as persoas de 45 ou máis anos. Para este colectivo, a porcentaxe de persoas que cambiaran de municipio de residencia facía menos dun ano situábase no 1,3% no primeiro trimestre de 2023.


Poboación ocupada segundo a idade e o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2023
Unidade: miles de persoas

Idade Total Menos dun ano Entre 1 e menos de 3 anos Entre 3 e menos de 5 anos 5 anos ou máis
Total 1.103,7 29,8 73,2 80,7 920,0
De 16 a 24 anos 40,3 1,6 3,3 2,5 32,9
De 25 a 34 anos 180,6 10,4 19,0 25,5 125,6
De 35 a 44 anos 292,9 9,9 25,3 25,3 232,3
De 45 a 54 anos 342,2 6,1 16,7 17,4 302,1
De 55 e máis anos 247,7 1,8 8,9 9,9 227,1

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)


A mobilidade da poboación ocupada de Galicia aumentou con respecto ao acontecido hai un ano. Así, a porcentaxe de persoas ocupadas que cambiou de residencia nos últimos doce meses pasou do 1,8% en 2022 ao 2,7% en 2023.


Distribución da poboación ocupada segundo o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)


Distribución da poboación ocupada segundo o tempo de residencia no municipio. Galicia. Anos 2022 e 2023
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)


Cabe destacar que o 36,5% da poboación ocupada residente en Galicia no primeiro trimestre de 2023 non mudara nunca de concello de residencia e o 37,1% si cambiara de municipio de residencia pero non de provincia.

Entre os ocupados e as ocupadas que no primeiro trimestre do ano 2023 levaba residindo no mesmo concello menos dun ano, o 54% cambiara a súa residencia a outro municipio da mesma provincia.


Poboación ocupada segundo o tempo de residencia no municipio e a relación entre o municipio de residencia actual e anterior. Galicia. Ano 2023
Unidade: miles de persoas

Relacion entre o municipio de residencia actual e o anterior Total Menos dun ano Entre 1 e menos de 3 anos Entre 3 e menos de 5 anos 5 anos ou máis
Total 1.103,7 29,8 73,2 80,7 920,0
Ningunha variación desde o nacemento 402,4 402,4
Na mesma provincia 409,9 16,1 44,9 45,0 303,9
Noutra provincia, na mesma comunidade autónoma 91,1 6,0 9,5 9,0 66,6
Noutra comunidade autónoma 93,5 5,1 10,0 10,8 67,5
Noutro país 106,8 2,6 8,7 15,8 79,7

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)
Nota: (-) Non procede
O municipio de residencia anterior refírese ao da última variación residencial anterior á semana de referencia da EPA



Mobilidade da poboación parada

A mobilidade da poboación desempregada é superior á da poboación ocupada. Para o 3,7% dos galegos e das galegas que no primeiro trimestre de 2023 se atopaba en paro, transcorrera menos dun ano dende o último cambio de municipio de residencia.


Poboación parada segundo o sexo e o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2023
Unidade: miles de persoas

Tempo de residencia no municipio Total Homes Mulleres
Total 135,1 64,1 71,0
Menos dun ano 5,0 2,9 2,1
Entre 1 e menos de 3 anos 13,8 7,3 6,6
Entre 3 e menos de 5 anos 10,2 4,9 5,4
5 anos ou máis 106,0 49,0 57,0

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)


Respecto ao ano 2022, aumenta a porcentaxe de poboación parada que cambiou de domicilio nos últimos doce meses: pasa de representar o 3% en 2022 ao 3,7% en 2023.


Distribución da poboación parada segundo o tempo de residencia no municipio. Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)


Distribución da poboación parada segundo o tempo de residencia no municipio. Galicia. Anos 2022 e 2023
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)


O 32,7% da poboación parada existente en Galicia no primeiro trimestre do ano 2023 non variara de concello de residencia dende o nacemento. Entre as persoas que cambiaran de residencia no último ano, o 50% mudara de municipio de residencia pero dentro da mesma provincia.


Poboación parada segundo o tempo de residencia no municipio e a relación entre o municipio de residencia actual e anterior. Galicia. Ano 2023
Unidade: miles de persoas

Relacion entre o municipio de residencia actual e o anterior Total Menos dun ano Entre 1 e menos de 3 anos Entre 3 e menos de 5 anos 5 anos ou máis
Total 135,1 5,0 13,8 10,2 106,0
Ningunha variación desde o nacemento 44,2 44,2
Na mesma provincia 45,1 2,5 7,8 3,6 31,2
Noutra provincia, na mesma comunidade autónoma 9,1 0,3 1,8 1,5 5,5
Noutra comunidade autónoma 16,0 0,3 2,5 2,2 11,0
Noutro país 20,6 1,9 1,7 2,9 14,1

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica (descarga da táboa)
Nota: (-) Non procede
O municipio de residencia anterior refírese ao da última variación residencial anterior á semana de referencia da EPA



Definicións e máis información

Definicións

Máis información